viernes, 25 de diciembre de 2015

VISITA DE PAPANOEL E A SÚA DUENDECILLA


O Venres 18, veu Papanoel coa súa simpática duende,  a visitarnos na escola e trouxonos uns agasallos moi requetechulis para todos os nenos e nenas!!! 
Para despedirnos, fixemos merendola.. e non faltaron as uvas nin o baile!!!
Papanoel esqueceu o seu gorro, pero logo voltou a por él....
Moitas Gracias pola visita!!!!!





FESTA DE NADAL 2015



Foi un pracer compartir con todos e todas a Festa de Nadal que tivo lugar o Xoves 17 de Decembro.
Agradecemos de corazón a maravillosa colaboración das familias, que fixeron posible endulzarnos esa mañán con riquísimas, tartas, galletas e dulces varios... e co chocolate!!!
Tamén agradecemos a estupenda cooperación na  preparación e recollida das mesas. Da gusto contar con familias coma vós!!
Gracias tamén a ANPA, que donou unha cesta de Nadal e parabéns a gañadora!!!
E que dicir das fantásticas actuación das nosas pequenas estrelas que con moita ilusión prepararon as mestras para disfrute de todos e todas... 

¡¡¡BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2016!!!


CONTACONTOS DE NADAL



O Xoves 10 de Decembro a ANPA da escola, organizou unha tarde fabulosa. Varias nenas e nenos, que estudiaron na nosa escola compartiron con nós fermosos contos de Nadal e prepararon con moita ilusión unha maravillosa actuación. Tivemos a gran sorte de contar con: Nikol, Inés, Andrea e Zoe, agora en 1º curso do CPI de Panxón; Nenas de 2º e 3º curso de primaria, antigas alumnas da nosa escola: Lara, Noelia, e Martina.  Contamos tamén coa colaboración de dúas alumnas de Secundaria do CPI de Panxón : Patricia e Sofi. 
A todas elas, moítisimas gracias polo seu esforzo e a súa ilusión. Moitas gracias a todas as familias  por compartir con nós esta tarde. 

jueves, 24 de diciembre de 2015

AS TARTARUGAS DE PANXÓN DESÉXANVOS FELICES FESTAS!


video

CON TODO O NOSO AGARIMO DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL!!!



martes, 22 de diciembre de 2015

PREPARANDO AS CARPETAS DOS TRABALLOS...

ESTES DÍAS PASADOS ESTIVEMOS TRABALLANDO MOI DURO, PREPARANDO OS TRABALLIÑOS QUE FIXEMOS ESTES MESES E A CARPETA PARA LEVALOS Á CASA. ESPERAMOS QUE DESFRUTEDES MOITO VÉNDOOS COS VOSOS FILLOS E FILLAS!







lunes, 21 de diciembre de 2015

TARXETAS DE NADAL

A SEMANA PASADA AS FAMILIAS RECIBISTES NAS VOSAS CASAS UNHA SORPRESA! AS POSTAIS DE NADAL, QUE AS TARTARUGAS VERDES ESTIVEMOS A PREPARAR CON MOITA ILUSIÓN. ESPERAMOS QUE VOS GUSTARAN MOITO!











BO NADAL FAMILIAS!

O OUTONO DOS NENOS

SIMULANDO A OBRA "EL OTOÑO DE ARCIMBOLDO", FIXEMOS AS NOSAS PROPIAS COMPOSICIÓNS E QUEREMOS AMOSARVOS COMO NOS QUEDARON, DESPOIS DE TANTO TRABALLO (USAMOS A CÁMARA DE FOTOS, A IMPRESORA, RECORTAMOS, PEGAMOS...), OS NOSOS CADROS.

AS TARTARUGAS VERDES.
































E ASÍ DE ORGULLOSOS ESTAMOS DO NOSO TRABALLO!

SABOREANDO O NADAL...

Os nenos e nenas da clase de tres anos, seguindo co proxecto das froitas na arte, fixeron esta receita tan orixinal, e ademais estaba moi rica!!! Grazas compis!!!


sábado, 19 de diciembre de 2015

¡VIVA O MAGOSTO!!!

O Venres 20 de Novembro celebramos a Festa  do Magosto na nosa escola. Nenos e nenas, familias e mestras pasámolo moi ben, comendo castañas, chourizos asados e postres variados que amablemente trouxeron nais e pais. Moitas gracias aos tres asadores de castañas e chourizos! E a todos e todas por vir e pola vosa estupenda colaboración!

viernes, 18 de diciembre de 2015

ANIVERSARIO DE IKER SOTELO

video
O PASADO 7 DE DECEMBRO FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE IKER SOTELO!! PASÁMOLO CHACHI !!
XA TEMOS TODOS 5 ANOS!!
OS MAIORES DO COLE!! 


CANCIÓN DESCARGADA DE YOUTUBE: XA ME TARDAN ESTES MAGOS DE MAMÁ CABRA

jueves, 17 de diciembre de 2015

DEGUSTACIÓN DO OBRADOIRO DE COCIÑA DOS NEN@S DE 3 ANOS





SEGUINDO CO PROXECTO DAS FROITAS NA ARTE, ONTE OS NEN@S DE 3 ANOS CONVIDÁRONNOS A UNHA ÁRBORE DE DE NADAL MOI ESPECIAL, XA QUE ERA DE FROITAS. ESTABA BOÍSIMA!! GRAZAS COMPIS!!

miércoles, 16 de diciembre de 2015

CONTACONTOS DOS MÉRCORES

 
HOXE DISFRUTAMOS TODO O COLE NA BIBLIOTECA CO CONTO QUE NOS CONTOU A PROFE GEMA " CANDO MARTIÑO TIVO DE MEXAR NA NOITE DE REIS "
CANTO RIMOS CANDO SOUPEMOS QUE A MARTIÑO OS REIS LLE TROUXERON UN PENICO, JEJEJE....

ONTE POLA TARDE EN BIBLIODUNAS....


ONTE ABRIMOS A BIBLIOTECA E ESTIVERON DISFRUTANDO DOS CONTOS A CARÓN DA CHIMENEA..
EIDER CO SEU IRMÁ E A SÚA MAMÁ, ALBA COA SÚA  MAMÁ, CARMEN COA SÚA IRMÁ E A SÚA MAMÁ, NEREA COA SÚA MAMÁ, PABLO COA SÚA MAMÁ, LÚA COA SÚA AVOA E IKER SOTELO CO SEU PAPI.
 
GRAZAS POLA VISITA E BO NADAL!!
A RATIÑA LOLA

martes, 15 de diciembre de 2015

"CONTACONTOS DE SAMAÍN"

O pasado día 27 de Outubro disfrutamos dunha tarde moi especial no cole. A ANPA da escola organizou unha sesión de contos de medo e misterio. Agradecemos moito a participación de nenas, que agora estudian no CPI de Panxón  e que foron alumnas  nosas de Educación Infantil . Tamén encantounos oír a nais e pais que se animaron a compartir con nós un conto e a pasar unha tarde estupenda. Moitísimas gracias a todos/as por acompañarnos!

HOXE ABRIMOS BIBLIODUNAS

OLA FAMILAS,

HOXE ABRIMOS A BIBLIOTECA, ANIMÁDEVOS A VIR COS RAPACES E A DISFRUTAR COAS NOSAS NOVIDADES!

A Ratiña Lola

domingo, 13 de diciembre de 2015

miércoles, 9 de diciembre de 2015

CONTACONTOS DOS MÉRCORES

A PROFE PILAR CONTOUNOS UN CONTO EN INGLÉS CHULÍSIMO NO QUE COLABORAMOS SUBINDO PESTANAS SORPRESA!! 
SPOT´S FIRST CHRISTMAS

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN DE ESPAZO LECTURA


lunes, 7 de diciembre de 2015

viernes, 4 de diciembre de 2015

ÁRBORE DE DESEXOS DE NADAL

video

OS NEN @S DE 5 ANOS PENSAMOS UNHA PALABRA QUE NOS RECORDARA O NADAL E FIXEMOS UNHA ÁRBORE DE DESEXOS DE NADAL.

MIRADE QUE BONITA NOS QUEDOU!



- RECOMENDACIÓNS "QUE BEN SENTA LER!" -

  DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DO VAL MIÑOR, FACÉMOSVOS ESTÁS MARABILLOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA/AGASALLOS PARA O NADAL.


miércoles, 2 de diciembre de 2015

PLANS PARA ESTE FIN DE SEMANA!!

ESTE FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA PODEDES DISFRUTAR EN FAMILIA DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN A LECTURA.

A RATIÑA LOLA
Cute Turtle