lunes, 29 de febrero de 2016

SEGUIMOS XOGANDO A DETECTIVES!

HOXE BUSCAMOS A LETRA "E" NO SEGUINTE CADRO:

 "Jirafa en llamas". DALÍ

IRIA E JOSE ESTIVERON MOI RÁPIDOS!



LOGO ESCRIBIMOS NOME DO PINTOR E TÍTULO DA OBRA



NOVO XOGO DAS TARTARUGAS VERDES

OLA FAMILIAS!

COMO BEN SABEDES, ESTE CURSO ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS SOBRE A ARTE, ASÍ QUE A SEMANA PASADA EMPEZAMOS UN NOVO XOGO A PARTIR DO LIBRO "LAS LETRAS EN EL ARTE": NOS CONVERTIMOS EN DETECTIVES PARA ATOPAR AS LETRAS QUE ESTÁN AGOCHADAS NOS CADROS, EN CADA UN HAI UNHA LETRA DO ABECEDARIO. CON ESTE XOGO ADEMAIS DE DIVERTIRNOS UN MONTÓN, COÑECEMOS PINTORES E CADROS FAMOSOS ASÍ COMO AVANZAMOS NO COÑECEMENTO DA LETRAS. 

 

AGORA FAMILIAS VOS CONVIDAMOS A XOGAR CON NÓS! É MOI DOADO, EMPEZAMOS COA LETRA "A"  

A BUSCAARR!!

"Leyenda de San Francisco". GIOTTO

NESTE CADRO A PRIMEIRA EN ATOPAR A LETRA "A" FOI CARLOTA


DESPOIS DE LOCALIZAR A LETRA "A" ESCRIBIMOS O NOME DO PINTOR E COLOCAMOS AS PALABRAS DO TÍTULO DA OBRA


viernes, 26 de febrero de 2016

CONTOS DE AVÓS MOI, MOI ESPECIAIS...

Esta semana surxiron moitas preguntas na clase e acordámonos de moitos avós e bisavós especiais:
 o yayo Manolo ( Lúa ), a bisavoa Mari Carmen ( Carmen ), o abuelo Pepe ( Caetana ) a bisavoa Otilia ( Iker Sotelo ) e por iso a profe decidiu contarnos estes 3 contiños moi, moi ternos e especiais.



HOXE TIVEMOS SORPRESA RICA NA CLASE

 Lúa e a súa mamá fixeron madalenas de chocolate onte e hoxe trouxeron a proba. Grazas!! Estaban boísimas!!

ANIVERSARIO DE AINARA

video

miércoles, 24 de febrero de 2016

24 de febreiro: Día adicado a Rosalía de Castro

video 
Descubrimos quen era Rosalía de Castro e recitamos un poema dela:

CANTA PAXARIÑO ALEGRE, CANTA!
CANTA PORQUE O MILLO MEDRE, CANTA!
CANTA PORQUE A LUZ TE ESCOITE CANTA!
CANTA QUE FUXEU A NOITE!
Tamén escoitamos moitos dos seus poemas musicados, todos coincidimos que nos puña melancólicos e tristes ao escoitalos!!


CONTACONTOS DOS MÉRCORES

ESTA MAÑÁ "WHO´S COMING FOR TEA?" NA NOSA BIBLIO!!
DA MAN DE TEACHER PILAR!! QUE SORPRESA AGARDABA NO FINAL!!

 

ANIMACIÓN DE ESPAZO LECTURA


DIA DE ROSALIA DE CASTRO


Os nenos e nenas de 3 anos celebramos o Día de Rosalía de Castro.

BIBLIODUNAS O MARTES 23 DE FEBREIRO DE 2016

ONTE ESTIVERON DISFRUTANDO DOS CONTOS EN BIBLIODUNAS:

Eider, Donís e a súa mamá, Pablo e a súa mamá, Iker Sotelo e o seu tío, Nerea Expósito e a súa mamá, Carmen, Marta e os seus papás, Caetana coa súa mami, Elena coa súa mami, Lúa e o seu papi e Alba, Borja e a súa mamá.

Encántannos que veñades a "saborear" os libros en familia!!

viernes, 19 de febrero de 2016

OLA FAMILIAS!

O VINDEIRO MARTES, O DÍA 23 DE FEBREIRO, ABRIREMOS BIBLIODUNAS NO HORARIO HABIRUAL DE TARDE E COMO ADICAREMOS TODA A SEMANA AOS AVÓS, AS RECOMENDACIÓNS E NOVIDADES TAMÉN ESTÁN ADICADAS A ELES!







 VISITÁDENOS!!

 

"PIPAS PARA LA LLUVIA"

DENTRO DO NOSO PROXECTO SOBRE AS FROITAS NA ARTE, AS TARTARUGAS VERDES FIXEMOS O SEGUNDO OBRADOIRO DE COCIÑA, AO QUE PUXEMOS POR TÍTULO (DESPOIS DE ELEXIR ENTRE AS NOSAS PROPOSTAS) "PIPAS PARA LA LLUVIA"


O primeiro foi lavar ben as mans

O segundo, pelar as froitas 










O terceiro, cortar os plátanos e máis as mandarinas 


Agora só queda colocar os ingredientes coa forma desexada


MIRADE QUE ARTE DE RECEITA!




BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!

 





PARABÉNS PABLO POLOS TEUS RECÉN CUMPLIDOS CINCO ANOS!!

video

miércoles, 17 de febrero de 2016

BENVIDA NEREA!!

 TEMOS UNHA NENA NOVA NO COLE!!!

CHÁMASE NEREA E COMEZOU HOXE CON NÓS.

ESTAMOS TODOS ILUSIONADOS E TEMOS GAÑAS DE COÑECELA MAIS.

FIXEMOS UN DIBUXO DELA NO COLE.

BENVIDA NEREA!!




CONTACONTOS DOS MÉRCORES


HOXE A PROFE CONCHI CONTOUNOS NA BIBLIO  " O ABRIGO MISTERIOSO" UN CONTO CON MOITA INTIGRA E CON SORPRESA FINAL!

martes, 16 de febrero de 2016

CONVITE CON ARTE!!


HOXE OS NEN@S DA CLASE DE 4 ANOS NOS CONVIDARON A COMER A SÚA OBRA
 " PIPAS DE LLUVIA ", RIQUÍSIMA E APROPIADA DESPOIS DE TANTOS DÍAS DE CHUVIA!! GRAZAS COMPIS!!

lunes, 15 de febrero de 2016

VISITOUNOS UNHA COMPARSA MOI ESPECIAL

Nesta semana do Entroido visitóunos unha comparsa moi especial. Disfrutamos dunha fantástica, divertida, e animada mañá chea de música e baile.
Pasámolo fenomenal!!
Moitas grazas a tod@s!!

ENTROIDO DE PINTORES!!


video
MÚSICA BAIXADA DE YOUTUBE " CARNAVAL " DE GEORGIE DANN

viernes, 12 de febrero de 2016

jueves, 11 de febrero de 2016

MENÚ MES FEBREIRO


PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016/2017

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN:  Orde do 12 de marzo de 2013 poa que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria e bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:

Reserva de praza no centro de orixe : 1-15 de Febreiro
Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de Marzo.
Presentación de Solicitude de Admisión: 1-20 de Marzo
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas: antes do 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas das persoas admitidas: antes do 15 de maio.

Formalización de matrícula en Educación Infantil e Primaria: 20-30 de Xuño

*Usos Complementarios de Comedor e Transporte: deberán indicalo na solicitude de admisión.

**Pódese descargar os impresos dos anexos I (reserva de praza) e anexo II(solicitude de admisión)na páxina web do noso colexio no seguinte enlace.

O XOVES TOCOU...

DISFRAZ LIBRE!!

 

O MÉRCORES O MECO MANDOU...

...TRAER UNHA CAMISETA DIVERTIDA, ALGO NA CABEZA E MÁIS A CARA PINTADA! ASÍ DE GUAPOS VIÑEMOS TODOS E TODAS!


Unai e Joel cumplen 4 anos

jueves, 4 de febrero de 2016

O MECO O XOVES MANDA...

videoDISFRAZ LIBRE!! 
VIVA O ENTROIDO!!!

miércoles, 3 de febrero de 2016

HOXE O MECO DIONISIO MANDA...

O MÉRCORES O MECO MANDA: ALGO NA CABEZA, CARA PINTADA E PARTE DE ARRIBA DIVERTIDA. QUE GUAI O ENTROIDO!!

martes, 2 de febrero de 2016

OBRADOIRO DE COCIÑA

video
SEGUINDO CO PROXECTO DE CENTRO DAS FROITAS NA ARTE, O PASADO VENRES 29 DE XANEIRO FIXEMOS LEÓNS DE FROITAS.  RIQUÍSIMOS!!!

* MÚSICA BAIXADA DE YOUTUBE, O REY LEÓN, O CICLO DA VIDA

O MARTES ALGO NA CABEZA E MÁIS A CARA PINTADA. MIRADE DIONISIO QUE GUAPO ESTÁ!


Cute Turtle