miércoles, 22 de marzo de 2017

XOGO DE ESCULTURAS

SEGUIMOS CON HERVÉ TULLET E CONSTRUIMOS NÓS MESMOS UN XOGO DE ESCULTURAS. AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DE COMO FOI TODO O PROCESO. DEUNOS MOITO TRABALLO!! PERO MERECEU A PENA!! AGORA XOGAMOS A FACER UN MONTÓN DE ESCULTURAS DIFERENTES!!

 BO TRABALLO!! video

 

martes, 21 de marzo de 2017

O PASADO MARTES 14 DE MARZO EN BIBLIODUNAS..

video
Música baixada de youtube : caperu cha cha cha de Dubbi Kids


ADEMAIS DE LER CONTOS EN FAMILIA A PROFE RAQUEL CONTOUNOS CARAPUCHIÑA VERMELLA E TAMÉN FIXEMOS UN OBRADOIRO AO REMATAR.
FOI UNHA TARDE ESPECIAL!!


viernes, 17 de marzo de 2017

GLOBO TERRÁQUEO DE JUAN

JUAN TROUXO AO COLE UN GLOBO TERRÁQUEO PEQUENIÑO CO QUE PUIDEMOS RECORDAR COMO SON OS MOVEMENTOS DA TERRA. 

E SEGUINDO CO TEMA DOS PLANETAS: XOGAMOS COA NOSA BARALLA E COA MAQUETA DE XEITO QUE COÑECEMOS MOITOS DATOS DE INTERESE E MESMO FIXEMOS AS NOSAS PROPIAS HIPÓTESES: SOBRE A TEMPERATURA DOS PLANETAS, CANTO TARDAN EN DAR UNHA VOLTA DARREDOR DO SOL, ETC...








 


INVESTIGANDO SOBRE AS CONSTELACIÓNS

GRAZAS FAMILIAS POR AXUDARNOS A DESCUBRIR CAL É A NOSA CONSTELACIÓN!! DESPOIS DAS VOSAS INVESTIGACIÓNS BUSCAMOS COMO SE CHAMA E QUE FORMA TEN. LOGO DEBUXÁMOLA EN PAPEL! FOI MOI COMPLICADO FACELAS NA CUADRÍCULA!!












 

 

miércoles, 15 de marzo de 2017

FORMANDO EQUIPOS

ESTA MAÑÁ DECIDIMOS QUE SERÍA XENIAL POÑER NOME AOS NOSOS EQUIPOS. ENTRE AS DÚAS TEMÁTICAS QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE CURSO: HERVÉ TULLET E O UNIVERSO, ELEXIMOS PENSAR PALABRAS REFERENTES AO UNIVERSO. CADA QUEN FIXO A SÚA PROPOSTA NUN PAPEL. O MÁIS DIFÍCIL FOI CHEGAR A UN CONSENSO E ELEXIR UN!! PERO CONSEGUÍMOLO!!






EQUIPO COMETAS, EQUIPO TERRA E EQUIPO ESPAZO: BO TRABALLO!!

martes, 14 de marzo de 2017

TEMOS COMPI NOVO NA ESCOLA!!

 OS NEN@S DE 3 ANOS ESTAMOS MOI CONTENTOS PORQUE TEMOS UN COMPAÑEIRO MAIS NA CLASE. BENVIDO ENZO !!

ACTIVIDADES DE ESPAZO LECTURA PARA O MES DE MARZO


lunes, 13 de marzo de 2017

MAÑÁ ABRIMOS BIBLIODUNAS

MAÑÁ ABRIMOS BIBLIODUNAS DE
17:00 A 18:00 h.



FAREMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS E
UN OBRADOIRO DO CONTO DE
CARAPUCHIÑA VERMELLA ÁS 17:45 h

TAMÉN TEMOS UN RENCANTO ADICADO AO DÍA DO PAI E MAIS NOVIDADES... 








viernes, 10 de marzo de 2017

XVIII Salón do Libro INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

XVIII Salón do Libro INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA O MUNDO QUE QUEREMOS
Pazo da Cultura de Pontevedra www.salondolibro.org
Achégate ao Salón.
Entrarás nun conto.
Descarga toda a programación.

O VINDEIRO MARTES 14 DE MARZO ABRIMOS BIBLIODUNAS!

O VINDEIRO MARTES ABRIMOS BIBLIODUNAS DE
17:00 A 18:00 h.



FAREMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS E
UN OBRADOIRO DO CONTO DE
CARAPUCHIÑA VERMELLA ÁS 17:45 h

TAMÉN TEMOS UN RENCANTO ADICADO AO DÍA DO PAI E MAIS NOVIDADES...














 PARA OS PAPIS E MAMIS ESTA NOVIDADE LECTORA  E TAMÉN E UN E-BOOK PARA EMPRESTAR!
NON FALTEDES FAMILIAS!
A Ratiña Lola

martes, 7 de marzo de 2017

EL PRINCIPITO

NO PROXECTO SOBRE O UNIVERSO QUE ESTAMOS A LEVAR A CABO, VIMOS COMO A TEMÁTICA DO ESPAZO ESTÁ PRESENTE TAMÉN NA LITERATURA. DÍAS ATRÁS COMEZAMOS A VER A PELI DE "EL PRINCIPITO" E HOXE VIMOS O FINAL. DESPOIS COÑECEMOS VARIAS EDICIÓNS DO CONTO, UNHA DELAS EN POP-UP QUE NOS DEIXOU A PROFE YOLI E NOS ENCANTOU!!

DEIXO AQUÍ UN ENLACE Á PELI POR SE A QUEREDES VER COS VOSOS PEQUES: http://www.soulschoolfilms.com/z/principito/principito.html


viernes, 3 de marzo de 2017

MAQUETA DO SISTEMA SOLAR

A SEMANA PASADA FIXEMOS ENTRE TODAS E TODOS UNHA MAQUETA DO SISTEMA SOLAR. USAMOS AS BOLAS DE POREXPAN QUE NOS TROUXO AINARA. TENTAMOS RESPETAR UN POUCO O TAMAÑO E A COR DE CADA PLANETA. DESPOIS OS COLOCAMOS SEGUNDO A SÚA DISTANCIA AO SOL.

AGORA COÑECEMOS O NOME DE TODOS OS PLANETAS E ADEMAIS SABEMOS CAL É A SÚA ORDE NON SÓ SEGUNDO A SÚA DISTANCIA AO SOL, SE NON TAMÉN POR TAMAÑO, DE MÁIS GRANDE A MÁIS PEQUENO.













Cute Turtle