sábado, 23 de junio de 2012

- FELIZ VERÁN E MOITAS GRAZAS -

COMO DIRECTORA DA ESCOLA, QUÉROVOS DAR AS GRAZAS A TOD@S  POLO VOSO TRABALLO AO LONGO DESTE CURSO 2011-2012 E PEDIRVOS PERDÓN POLOS ERROS  QUE PUIDEN COMETER.
MOITAS GRAZAS AS MESTRAS: ISA, YOLANDA, GEMA, PILI, EVA, PATRICIA(RELIXIÓN) E PASTORA(ORIENTADORA), POLO BO TRABALLO FEITO, TIVEMOS MOITAS FRONTES DE TRABALLO ABERTAS, PERO FOMOS CAPACES DE SACALAS ADIANTE, GRAZAS.
E COMO NON, MOITAS GRAZAS A ESAS NAIS, PAIS, AVÓS, AVOAS, TÍOS, TÍAS, EXCOMPAÑEIR@S....QUE NOS AXUDASTES AO LONGO DO CURSO, SEN VÓS MOITAS DAS ACTIVIDADES NON AS PODERIAMOS TER REALIZADO: LIBRETAS VIAXEIRAS, FESTA DO MAGOSTO, NADAL, ENTROIDO, A SEMANA DO LIBRO.... E SOBRE TODO A FESTA DE FIN DE CURSO, QUE FOI XENIAL, PARA CATIVOS E MAIORES.
EN CANTO MARÍA(MAMÁ DE BORJA) NOS PASE AS FOTOS DE FIN DE CURSO, FAREMOS UNHA MONTAXE, PARA QUE AS PODADES VER.
FELIZ VERÁN !!!!!
MOITAS, MOITAS GRAZAS A TODO@S 

viernes, 15 de junio de 2012

- PROXECTO OS PITIÑOS -

@S NEN@S DE 3 ANOS FIXEMOS UN PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE PITIÑOS. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI A CANCIÓN DO POLO PEPE, SE QUEREDES VER O BEN QUE CANTAMOS, PINCHADE NO VIDEOOOOOOO.........!!!!!!!!


jueves, 14 de junio de 2012

- A ERA DOS DINOSAUROS -

O 6 DE XUÑO FOMOS VER A EXPOSICIÓN, "A ERA DOS DINOSAUROS", QUE ESTÁ INSTALADA EN PRAIA AMÉRICA,NIGRÁN.
SE TEDES NEN@S LEVALOS, VANO PASAR XENIALLLLLL.......!!!!!


martes, 5 de junio de 2012

viernes, 1 de junio de 2012

Gratuidade solidaria: Curso 2012/2013

Gratuidade solidaria: Curso 2012/2013


Obxecto da convocatoria e procedemento


O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.



Requisitos:
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2012/2013, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.




2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.



3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.



Mási información en: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria
Cute Turtle