domingo, 30 de abril de 2017

INICIO DO PERIODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.
a) Normativa reguladora do procedemento de admisión.
    Orde do 25 de Xaneiro de 2017 de Admisión de Alumnado (DOG): 
    Accede aquí ao DOCUMENTO
b) Prazo de presentación das solicitudes de Admisión: do 1 ao 15 de Febreiro.
c) Aspectos relativos ao Procedemento de Admisión:
1º.- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.  A presentación simuñtánea noutros centros  conlevará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, no caso de presentar a solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe.
3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva  antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A nova orde de Admisión de Alumnado ofrece a posibilidade de presentar as solicitudes  e consultar o estado de  tramitación das mesmas través da aplicación informática «admisionalumnado» na dirección (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI. da persoa solicitante».  
d) Calendario do procedemento:
Solicitud de Reserva de praza para O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste : do 1 ata o 15 de febreiro.
Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.
Presentación da Solicitude de  Admisión: 1-20 de marzo.
Publicación de listaxes provisionais de admitidos: antes do 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas de admitidos: Antes do 15 de maio.
Formalización da matrícula en educación Infantil e Primaria: 20 ao 30 de Xuño no centro solicitado ou no centro adscrito, no noso caso no CPI DE PANXÓN.
Importante!!!: Atentos aos prazos de solicitude axuda libros e material escolar que establece o centro adscrito. Sobre todo o alumnado do curso de 6º Infantil (5 anos) que accede o ano que ven a Primaria.

SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE  ESCOLAR
Acceso aos servizos complementarios  (comedor e transporte) en centros públicos e autorización de utilización de datos de identidade persoal, de verificación de residencia e de información tributaria
Lembrade que o noso centro adscrito é o CPI de Panxón.
1.- As nais, país ou representantes legais do alumnado que presenten solicitude de admisión ou formalicen matrícula, deberán indicar expresamente se  solicitan os servizos de Comedor e/ou Transporte Escolar.
2.- O alumnado con garantía de permanencia no centro que non teña que formalizar a matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido ao centro ao longo do mes de maio que  solicitan os servizos de comedor e/ou transporte para o seguinte ano escolar.
3.- Para os únicos efectos de acceder aos ditos servizos, as persoas interesadas autorizarán expresamente a utilización dos datos de identidade persoal e de residencia, que serán subministrados directamente a esta consellería polos respectivos Sistemas de Veri‑ ficación de Datos de Identidade e Residencia do Ministerio de Facenda e Administracións. Así mesmo, autorizarán a utilización da información tributaria que se precise, que será subministrada directamente a esta consellería pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. De non autorizar esta consulta, deberán achegar copia do documento de identidade correspondente e do certificado de empadroamento

A continuación tedes os enlaces aos formularios.



E POR FIN...O NOSO AGASALLO A TULLET XA ESTÁ ENVIADO!!

ESTES DÍAS PASADOS ESTIVEMOS A PREPARAR CON MOITO AGARIMO O AGASALLO PARA O NOSO ILUSTRADOR PREFERIDO:

UNHA CAMISETA NA QUE PLASMAMOS OS NOSOS DEBUXOS DE HERVÉ TULLET E MÁIS UNHAS CERAS ARTESANAIS QUE A MAMÁ DE EDGAR PREPAROU PARA A OCASIÓN!! 










GRAZAS HERVÉ TULLET POR CONTESTAR Á NOSA PRIMEIRA CARTA E ÁS SEGUINTES, GRAZAS POR ENVIARNOS UN DEBUXO PERSONALIZADO, GRAZAS PORQUE DESFRUTAMOS MOITÍSIMO CON TODOS OS TEUS CONTOS E GRAZAS TAMÉN POR SERVIRNOS DE INSPIRACIÓN!!!


jueves, 27 de abril de 2017

MAIS COUSIÑAS DE ABELLAS

 ¡Valeria trouxo onte unha abella que parece de verdade!
A profe Raquel agasallounos con pegatinas de abellas

miércoles, 26 de abril de 2017

HOXE TAMÉN VIÑERON FAMILIAS A CONTAR CONTOS

A MAMÁ DE MARIO, MARÍA, CONTOUNOS
 ¿ QUIEN ES? ¡ CUIDADO!
RATONCITO É MOI ASUSTADIZO E CONFUNDE AS SOMBRAS.. PERO PRONTO SE CALMA CANDO CHEGA A CASA DA SÚA AVOIÑA.

 


 A MAMÁ DE EIDER, IRIA, CONTOUNOS
 " EL PEQUEÑO ABETO "
A HSITORIA DUN ABETO QUE NON ESTABA FELIZ COAS SÚAS FOLLIÑAS PUNTIAGUDAS E CANDO AS PERDEU BOTOUNAS MOITO DE MENOS.

¡GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN!

martes, 25 de abril de 2017

ESTA TARDE ÁS FAMILIAS CONTARON CONTOS EN BIBLIODUNAS



 ANA, A MAMÁ DE ALBERTO DE 3 ANOS CONTOUNOS
" ¡ YO NO HE SIDO ! "
UI, QUE SUSTOS AO ESCOITAR O CONTO, PERO ESTÁ CLARO QUE YO NO HE SIDO...


MARÍA, A MAMÁ DE LAURA DE 4 ANOS, CONTOUNOS
" EL RATÓN, EL SAPO Y EL CERDO " QUE FELICIDADE CANDO RATIÑO TOPOU A BARRIGUIÑA DE OSO PARA DURMIR.

¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

¿QUE QUEREMOS APRENDER DAS ABELLAS?

 HOXE PREGUNTÁMONOS QUE QUERIAMOS APRENDER DAS ABELLAS.
AS PREGUNTAS A PROFE ANOTOUNAS NUN MURAL E AGORA TEMOS TODO O TRIMESTRE PARA INVESTIGAR.
ALBERTO HOXE TROUXO MOITAS COUSAS DE ABELLAS: ABELLAS DE XOGUETE, ABELLAS DE VERDADE SECAS, MEL... ESTAMOS A CREAR UN RECUNCHO NA AULA MOI INTERESANTE.
¡GRAZAS POR IMPLICARVOS!








COUSIÑAS DO ESPAZO...

NESTE TRIMESTRE SEGUIREMOS TRABALLANDO SOBRE O UNIVERSO, E EIDER QUE O SABE, NOS TROUXO UN ATLAS NO QUE PUIDEMOS RECORDAR COMO SON OS MOVEMENTOS DO NOSO PLANETA E OUTRAS COUSIÑAS MÁIS.

GRAZAS FAMILIA!!


ANIVERSARIO DE EIDER

ONTE FOI O ANIVERSARIO DE EIDER E PARA CELEBRALO CONVIDOUNOS A UNHA TORTA DA PATRULLA!!UMMMMM BOÍSIMA!!!





PARABÉNS EIDER!! FELICES SEIS ANIÑOS!!



GAEL NO ESPAZO

A SEMANA PASADA A FAMILIA DE GAEL MANDOUNOS UN VÍDEO DUN SOÑO DE GAEL MOI "ESPACIAL" .

 GRAZAS FAMILIA POR COMPARTILO CONNOSCO!!

SEGUIMOS CON FAMILIAS CONTADORAS DE CONTOS...

ESTA MAÑÁ RIMOS COAS AVENTURAS DE DAISY NA ESCOLA DE VACAS!! CONTOUNOS "PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS" RAQUEL, A MAMÁ DE NEREA DE 5 ANOS.



MOITAS GRAZAS RAQUEL POR ACOMPAÑARNOS!!!


APADRIÑANDO AMIGOS

ESTA MAÑÁ FOI MOI ESPECIAL! AMIGAS E AMIGOS DO CPI DE PANXÓN VISITÁRONNOS PARA CONTARNOS CONTOS. CADA UN DE NÓS TIVEMOS UN PADRIÑO OU UNHA MADRIÑA COA QUE COMPARTIMOS UN CONTO E A PARTIR DE AGORA COMPARTIREMOS ADEMAIS AMIZADE!!

GRAZAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS!!  

lunes, 24 de abril de 2017

SEMANA DO LIBRO EN BIBLIODUNAS

HOXE COMEZAMOS A CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO CON DÚAS FAMILIAS CONTADORAS DE CONTOS: A FAMILIA DE XES E A FAMILIA DE JOEL E UNAI.


ROMÁN, O PAPÁ DE XES CONTOUNOS "MI CAMITA"




GIO, A MAMÁ DE UNAI E JOEL CONTOUNOS "CAPERUCITA ROJA"




MOITAS GRAZAS!! ENCÁNTANOS TERVOS NA ESCOLA!!



Cute Turtle