Benvidos e benvidas a nosa Escola de Educación Infantil As Dunas, en Panxón no concello Nigrán. ..Pouco a pouco iremos contando moitas das centos de aventuras que aqui vivimos, as cousas que aprendemos, as saídas, as nosas obras de teatro, os nosos soños, paseos por internet. ..todo o que para nós é importante na andaina de medrar. Benvidos e benvidas a nosa escola.eei.dunas.panxon@edu.xunta.es 986380120
ETIQUETAS
3 ANOS
(53)
4 ANOS
(35)
5 ANOS
(95)
ACTIVIDADES
(16)
BIBLIOTECA
(250)
ECOESCUELA
(18)
INFORMACIÓN
(71)
PRIMAVERA
(1)
TARTARUGAS AZUIS
(141)
TARTARUGAS VERDES
(145)
TARTARUGAS VERMELLAS
(40)
TRABALLOS
(6)
viernes, 5 de octubre de 2012
- SOMOS NOTICIA -
NO VOS PODEDES PERDER ESTA NOTICIA!!!!!
http://www.edu.xunta.es/web/node/6807
A Consellería de Cultura e Educación destaca o labor de varios centros do concello de Nigrán no fomento da lectura entre a comunidade educativa
Desde este curso haberá neste concello catro novos centros incluídos neste importante proxecto pertencente ao Plan LÍA 2010/2015
Mar, 02/10/2012 - 14:13
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, gabou esta mañá o traballo realizado nas bibliotecas escolares de catro centros educativos do concello de Nigrán, un traballo que achega aos máis novos aos diferentes recursos que se albergan nestes espazos – bibliográficos, tecnolóxicos, etc-, e que lles ensina a utilizalos como ferramentas para o estudo, o ocio e o coñecemento. Neste sentido a Xunta lembra que o bo facer das comunidades educativas destes centros válelles a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), que ten como obxectivo agrupar as iniciativas da Consellería, dirixida por Vázquez Abad, en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura como medio de potenciar o éxito escolar.
De feito, a incorporación este curso ao PLAMBE da EEI As Dunas (Panxón) é un exemplo do bo traballo desenvolvido neste centro ao introducir a biblioteca escolar como un espazo para o goce dos máis pequenos, favorecendo que se familiaricen cos libros e os diferentes recursos que se atopan na biblioteca desde idades moi temperás.
Do mesmo xeito, o representante da Xunta coñeceu en primeira persoa as actividades desenvolvidas en outras tres bibliotecas escolares que tamén son novas incorporacións deste curso ao PLAMBE, as dos CEIP de Mallón e da Cruz, e a do CEE de Panxón; así como as dos CEIP Carlos Casares e CPI de Panxón, que xa levan anos participando do Plan de Mellora.
Os recursos da biblioteca, unha ferramenta habitual
Precisamente a súa participación no PLAMBE permite a estes centros contar este curso con 26.000 euros para mellorar os fondos e as instalacións bibliotecarias. Fondos que comprenden tanto libros como DVDs, música ou recursos dixitais e que, grazas ao labor desenvolvido nas bibliotecas, pasan a ser ferramentas de uso habitual para o alumnado, tanto para a súa información, como para o seu uso como manual de estudo, lectura de lecer, etc.
Neste sentido, o departamento educativo da Xunta de Galicia anima ás comunidades educativas destes centros a continuar nesta liña de traballo, e agradeceu aos docentes a súa implicación na transformación que están a vivir as bibliotecas escolares, que apoian as actividades que día a día se levan a cabo nas aulas, favorecendo a busca por parte do alumnado de materiais complementarios nos andeis da biblioteca, o que esperta o seu interese investigador e o seu gusto por aprender.
Trátase, ao mesmo tempo, dun estímulo enriquecedor para o propio docente o feito de buscar novas formas de achegar as súas respectivas materias ao alumnado a través de estratexias innovadoras, organizando espazos e tempos para a lectura e acompañándoos na súa formación como lectores.
Desde a Xunta considérase que o traballo que se está a realizar en Galicia no eido das bibliotecas escolares “é excelente” e boa proba disto son os numerosos premios a nivel nacional obtidos polos centros galegos. Así, dende a creación dos premios outorgados polo Ministerio de Educación, Galicia recibiu 35 distincións pola súa labor en pro do fomento da lectura e actualización das bibliotecas dos centros de ensinanza, “destacando os últimos tres anos, nos que se disparou o número de galardóns recibidos, chegando ata os 19”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario