viernes, 21 de diciembre de 2007

- A NOSA DECORACIÓN DE NADAL -


OS DO ATLÁNTICO DIARIO VIÑERON Á ESCOLA A FACER UNHA REPORTAXE, SOBRE A DECORACIÓN DE NADAL, E ISTO FOI O QUE PUBLICARON O 19 DE DECEMBRO DO 2007:



AGORA ÍMOSVOS ENSINAR COMO DECORAMOS O COLE, ASÍ DE CHULOS QUEDARON OS CRISTAIS DO HALL:
TAMÉN TEMOS ANIMAIS FELICITÁNDONOS AS FESTAS: TEO O CAN E O GATO DE Mª CARMEN

OS ANXIÑOS DO COLE:

O PORTAL DE BELÉN MAIS ALEGRE E DIVERTIDO DE TODO NIGRÁN.............. TAMÉN TEMOS UN PAPÁ NOEL GRANDISISIMO E UNHAS NAIS MOI, MOI BOAS DECORÁRONNOS A ÁRBORE DO XARDÍN

lunes, 17 de diciembre de 2007

- A NOSA MASCOTA É............. -

UNHA TARTARUGA, E ELA MESMA VOS VAI CONTAR COMO É:
¡¡¡¡ Ola !!! Chámome TEO, son a mascota da Escola de Educación Infantil As Dunas, como podedes ver son unha tartaruga, as tartarugas somos animais vertebrados, xa que temos un esqueleto óseo e unha columna vertebral. Formamos parte da clase dos réptiles, pertencemos á orde dos quelonios que se caracterizan por ter unha cuncha dura que cobre os nosos órganos internos do corpo.
Aínda que a nosa cunha é dura en algunhas ocasións bastante grosa, é unha estructura bastante sensible, debido a que ten terminacións nerviosas. É por iso que nunca debes perforala, nin raiar, nin pintar con ningunha substancia química, xa que iso me danaría e podería causarme a morte.
As tartarugas temos unha dieta bastante ampla. Somos omnívoras, e dicir, comemos case de todo, o que é bo para o noso desenvolvemento.
Aínda que vivo en cativerio, debedes darme unha dieta o mais variada e similar ás condicións do meu hábitat natural.
Comerei unha vez ó día, dous se fixen moito exercicio. É mellor que me deixedes un pouco famenta, que farta, deste xeito evitarei moitos dos problemas que acompañan a fartura.
Non me deixes a comida no acuario todo o día, cando acabe de comer retírama, e se non como, ponma mais tarde ou déixao para o día seguinte.
Podo comer, ademais da miña comida para tartarugas: gambas, xamón cocido, tomates, leituga, salchichas, melón, mazás...todo en anacos pequenos.
O ideal que poida facer un pouco de exercicio fora do acuario, duran te non máis de 30 minutos. Eso si, vixiádeme todo o tempo, porque son moi intrépido e aventureiro, métome por canto recanto ou agocho atopo, ademais pódome quedar patas arriba e non son capaz de dar a volta eu só e podo morrer.
Ata agora estiven cos neno/as de 5 anos, e a volta do Nadal ireime cos nenos/as de 4 anos, esta é o meu acuario, está personalizado.
Encantame sair ao recreo cos neno/as, sobretodo os días de sol, porque así poco estirar o meu pescozo ó sol, que marabillaaaaaa................!!!!!!!! ALÉGROME MOITO DE ESTAR CONVOSCO, PERO POR FAVOR COIDÁDEME E NON ESQUEZADES QUE SON UN ANIMAL NON UN XOGUETE.
MOITAS GRAZAS

viernes, 7 de diciembre de 2007

- BO NADAAALLL..... -

DENDE A "ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL AS DUNAS" DE NIGRÁN QUEREMOS DESEXARVOS FELICES FESTAS, E PARA ISO FIXEMOS ENTRE TODOS/AS OS NENOS/AS UNHA FELICITACIÓN DE NADAL.
OS NENOS/AS DE 5 ANOS FIXERON A PORTADA E PARTE DA CONTRAPORTADA, OS DE 4 ANOS O INTERIOR E OS BENXAMÍNS DECORARON CON ESTRELIÑAS DE CORES. QUE BÓ É TRABALLAR EN EQUIPO!!!!
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE E QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANO NOVO.




Cute Turtle