viernes, 30 de abril de 2010

PANADERÍA E VISITA A E.E.I. DE CAMOS

Onte, xoves día 29 fumos visitar a Panadería "La Flor de Nigrán", temos que dicir, que trataronnos moi, moi ben. Andrea e os que alí traballan con ela, contestaron todas as nosas preguntas, e regaláronnos unha magdalena e un bolo de pan a cada un (ESTABAN MOIIIIISIMOOOOSSSSS).
Despois fumos merendar a escola de E. I de Camos, para despedirnos deles, xa que para o vindeiro curso vanse para o colexio da Cruz, e así xa estarán xuntos os de Infantil máis os de Primaria.
Moitas grazas a profe Eli e máis a tod@s @s nen@s polo ben que nos acollestes.

DÍA DA NAI

RECICLANDO COUSAS DE AQUÍ E DE ALÁ, OS NEN@S DE 5 ANOS MIRADE QUE FLOR MAÍS CHUSCA FIXEMOS PARA AS NOSA MAMÁS.


O BAR CHELSEA DE CUNTIS GARDOUNOS AS BOTELLAS DE AUGA DE SOLÁNS DE CABRA E NÓS LAVABAMOS E GARDABAMOS OS BOTES DE IOGURES BEBIBLES (ACTIMEL, QUE QUEDAN MÁIS BONITAS) QUE LEVABAMOS PARA A NOSA MERENDA.
O PAPEL DE REGALO TAMÉN O FIXEMOS NÓS. SOBRE PAPEL DE EMBALAR DEBUXAMOS A QUE MÁIS NOS GUSTABA.
MAMÁS, ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA.

lunes, 26 de abril de 2010

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

O venres 23 de Abril, Toni, o pai dun neno de 5 anos e dunha nena de 3, veu ao cole a contarnos varios contos. Veu todo equipado con bonecos e co tetatrillo!!!!!!!!!!!, aprendemos moito cos seus contos, ademáis trouxo a moitos dos nosos bonecos favoritos. Moitas grazas por facernos pasar un rato tan divertido. Mirade que ben o pasamos.



martes, 13 de abril de 2010

DESCUBRINDO PALABRAS, SONS E IMAXES

O PASADO 24 DE MARZO VISITAMOS O MUSEO VERBUM DAS PALABRAS. ESTIVEMOS PRETIÑO DA PRAIA DE SAMIL, PERO...QUE PENA!ESTIVO CHOVENDO E NON PUIDEMOS PASEAR POLA PRAIA. PASÁMOLO MOI BEN COS NEN@S DAS ESCOLAS DE PRIEGUE E CAMOS. MIRADE COMO NOS DIVERTIMOS!

lunes, 12 de abril de 2010

UNHA TRIBU DE INDI@S


Graciñas a mamá de Gabriel conseguimos moitas fotos dos Indi@s de 3 e 4 anos. E como ando moi atarefada non me dera tempo a incluilas dentro do blog. Espero que vos gusten as nosas fotiños de Entroido. Jau jau jau!




Cute Turtle