sábado, 27 de diciembre de 2014

3 ANOS. ¡XES XA TEN TRES ANOS!!



O pasado 6 de Decembro , Xes cumpriu tres aniños. Para celebralo no cole, a súa nai, fixo un biscoito riquíiisiimo de chocolate.  A os nenos e nenas e tamén ás profes, gustoulles moito. Xes regalou aos nenos e nenas unhas piruletas de fresa,, quedaron encantadas/os. Cantamos, comemos e bailamos. Pasámolo moi ben!!.
PARABÉNS XES!!!!



3 ANOS. OUTRAS ACTIVIDADES EN DECEMBRO.


Neste mes de decembro os peques estiveron moi ocupados facendo cousiñas para o "3º Mercadiño Solidario" do cole e tamén algún adorno típico para estas festas.
Fixemos árbores de Nadal traballando con papel de seda e pinceis; fixemos tamén uns fermosos colgantes de arcila branca, que logo pintaron como auténticos artesáns e artesás. Enchemos piñas de cor e purpurina . E tamén fixemos unha bota de papeis de cores brillantes, para adornar as nosas casas.
MOITAS GRAZAS familias! pola vosa colaboración e apoio, tanto coa vosa presencia, atendendo e axudando co mercadiño,  como contribuíndo con  cousiñas para vender no mercadiño e para endulzar estas datas; bizcoitos, filloas...

Espero que disfrutedes destas festas e que o Aninovo veña cheo de Saúde e moitas alegrías.

3 ANOS. ACTIVIDADES NOVEMBRO- DECEMBRO


Aquí podedes ver algunhas actividades que estiveron a facer os peques nestes meses. Moita concentración, esforzo e traballo, ESTUPENDO!!!
Podedes velos facendo algunhas fichas de grafomotricidade e coloreado; facendo un fermoso boneco de neve, experimentando con materiais diversos e como pequenos artistas pintando con pincel e decorando as portadas das suás carpetas de arte. ¡Que chulis!

sábado, 13 de diciembre de 2014

3 ANOS. MARTA XA TEN TRES ANOS¡¡¡




O pasado 26 de Novembro, Marta cumpliu 3 aniños. Para celebralo convidounos a tomar un riquísimo biscoito de chocolate.
Foi unha merenda moi especial. Aproveitamos para darlle a súa mamá os parabens polo seu recén chegado, "José".
Moitas gracias¡¡¡¡
 Moitas felicidades MARTA¡¡¡¡




jueves, 11 de diciembre de 2014

Cute Turtle