domingo, 24 de junio de 2007

Ata sempre compañeiras.







A mestra Pili, a mestra Uxía, a mestra Sonia e a mestra Belén, para o próximo curso xa non estarán nesta escola. Sabemos que lles da moita pena irse e que lle encantaria seguir. Dín que aprenderon moito con nós, e nós, sen lugar a dúbidas con elas. Esperamos que teñan moita sorte no seu próximo destino e que non se esquenzan de nós, porque as nosas portas, as portas da Escola de Educación Infantil “As Dunas” de Panxón, sempre estarán abertas para elas e para o entusiasmo que desbordan como docentes e coma persoas.


Tamén queremos agradecer toda a súa labor e dedicación durante todos estes anos ós nenos e nenas da parroquia e desexarlle o mellor a mestra Puri da Escola de Chandebrito que tamén cambia de destino, o igual que a mestra Chiti da Escola de Priegue.


Grazas Pili, Grazas Uxía, Grazas Sonia, Grazas Belén. Grazas Puri.Grazas Chiti.

A gran festa.











Globos, cintas de cores, os nosos murais pendurados, as gradas cheas de familiares cas súas camáras inmortalizando o tempo,…remata un curso da nosa curta pero intensa traxectoria académica. Sabemos que na Educación Infantil están as bases, os pilares da nosa formación, e por iso é de vital importancia. As mestras derónnos un diploma onde se felicita o noso esforzo e implicación este ano. ¿Queredes que vos contemos un segredo?. As mestras tamén estaban moi emocionadas.

Preparativos para a festa de fin de curso.
















Estamos facendo un mural entre todos e todas. Nos estamos debuxando, así é como nos miramos. A profe Carmen, Pili e Uxía deixannos pintar cas cores que queiramos e isto nos encanta, porque misturamos as pinturas, saen formas insospeitadas…O mural é para poñer no pavillón de Panxón onde faremos a festa de fin de curso. O mércores virán uns amigos/as de Kalandraka a contarnos contos e traerán instrumentos para que as historias estean cheas de notas musicais e emocións. Estamos nerviosas/as porque estaremos tódalas unitarias, virán as mamás e os papas, e pallasos/as…vai a ser un día de album.

Finalmente saíu o sol, solete.



















A mañá presentouse chuviosa, e mesmo viñemos a escola con paraguas e chuvasqueiros. Cando xa pensabamos que non iamos ir a praia comenzou a saír timidamente un raio, dous raios, tres raios….de sol, e con eles o noso amigo Rodolfo que nos viu a buscar para baixar a praia de Panxón. Collimos uns caldeiros e en forma de tren fumos cantando cancións ata que chegamos. A praia de Panxón quédanos a uns 5 minutos da escola. Con Rodolfo fixemos moitos xogos divertidos: Buscamos algas verdes, marróns e vermellas, cunchas das que nos contou moitas historias,… Tamén miramos unha gaivota que estaba na area e tiña a punta do peteiro vermello. O final fixemos un boneco na area enorme con pelos de algas, corpo de cunchas de distintos tamaños e cores e pedras e moita ilusión por facer unha creación entre todos e todas. Marchamos para a escola, e alí, na area da praia de Panxón quedaron as nosas pegadas, as nosas novas aprendizajes.

viernes, 15 de junio de 2007

Nace unha nova xornalista de blogs: O primeiro artigo escrito por Carmen.Saída a praia



O dia 19 imos a praia America cos do Proxecto Teixugo que nos van axudar a recoller e a observar cousas do contorno como: algas, cunchas , e todo o relacionado co medio mariño , despois faremos un mural e unha exposición , sacaremos fotos e vo las mostraremos para que coñecades o lindo que é o noso contorno. O dia 21 celebraremos a Festa de Fin de curso xunto coas escolas infantis do Concello de Nigrán, teremos actuacións de pallasos e a entrega dos diplomas e a orla os de 5 anos , xa volo contaremos.

miércoles, 6 de junio de 2007

Tartarugas de Cores.






Como xa vos contamos, nós somos as tartarugas de cores da escola As Dunas de Panxón. Os/as nenos/as de 3 anos son as tartarugas vermellas, os/as de 4 anos son as tartarugas verdes e os/as de 5 anos son as tartarugas azuis. Estivemos xogando ca Señora Tartaruga que é a pequeniña, co Señor Sapoconcho que é a mediana e con Concheira que é a máis grande.

martes, 5 de junio de 2007

Chu, Chu..pasaxeiros e paxaseiras ó tren da amistade...



Onte as tartarugas azuis, de cinco anos, fumos de excursión no tren da amistade cos nenos e nenas das escolas de Camos, Chandebrito e Priegue. Collemos o tren en Vigo, a viaxe encantounos porque miramos a paisaxe pola ventana, falamos e xogamos cos nosos amigos e amigas, cantamos cancións...e logo, cando chegamos a Pontevedra, baixamos do tren na estación, e alí dous actores moi simpáticos, Lolo e Peter, contáronnos a historia dunha nena chamada Ana que perdera un loro, e todos/as nós lle axudamos a atopalo. Logo volvemos a coller o tren ata Vigo. Foi un día cheo de emocións que nunca imos esquencer, e que fan da escola un espazo para medrar compartindo experiencias.
Cute Turtle