domingo, 11 de julio de 2010

SAÍDA Á PRAIA DE PANXÓN

O último día de cole, o martes 22 de xuño fixemos unha visita moi divertida á Praia de Panxón. Acompañounos a Asociación de Educación Ambiental Teixugo. Ensinaronnos moitas cousas que podemos atopar na praia: algas e cunchas de cores. Pintáronnos de piratas e princesas e pasámolo xenial. Pro vindeiro curso máis actividades!Feliz verán nais, pais, nen@s e profes!Saudinhos da Profe Sara

FESTA DE FIN DE CURSO

O venres 18 de xuño celebramos a festa de Fin de Curso! Foi moi divertida e pasámolo xenial. Foi a despedida das Tartarugas azuis e da profe Auri e a profe Sara. Mirade que ben o pasamos coas actuacións dos máis pequenos e a incrible Festa da Espuma. Graciñas os bombeiros de Nigrán e a tódalas nais e pais que nos axudaron. Que pasedes un bó verán!

A NOSA RECEITA DE GALLETAS

A última semana de cole as Tartarugas vermellas e as verdes fixemos un taller de cociña moi divertido. Cociñamos unha receita de galletas usando o microondas do cole. Mirade que ben o pasamos mezclando os ingredentes, pesando e amasando.

ORLA DAS TARTARUGAS VERDES


A profe Sara como agasallo de despedida regalounos esta orla!Gustounos moito porque ademáis nos regalou unha poesía co noso nome. A Elefanta Elena, o Delfín Daniel, a Iguana Iria, o Gato Gabriel, a abella Anxo, a buhíña Brisa, e a Leona Lucía . Graciñas por un ano cheo de aprendizaxes e bós momentos. Profe Sara
Cute Turtle