viernes, 26 de octubre de 2012

- O OUTONO NA AULA DE 4 ANOS -

O OUTONO TAMÉN CHEGOU A AULA DE 4 ANOS DA ESCOLA, BOTARLLE UNHA OLLADA!!!!

viernes, 5 de octubre de 2012

- SOMOS NOTICIA -

NO VOS PODEDES PERDER ESTA NOTICIA!!!!! http://www.edu.xunta.es/web/node/6807 A Consellería de Cultura e Educación destaca o labor de varios centros do concello de Nigrán no fomento da lectura entre a comunidade educativa Desde este curso haberá neste concello catro novos centros incluídos neste importante proxecto pertencente ao Plan LÍA 2010/2015 Mar, 02/10/2012 - 14:13 O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, gabou esta mañá o traballo realizado nas bibliotecas escolares de catro centros educativos do concello de Nigrán, un traballo que achega aos máis novos aos diferentes recursos que se albergan nestes espazos – bibliográficos, tecnolóxicos, etc-, e que lles ensina a utilizalos como ferramentas para o estudo, o ocio e o coñecemento. Neste sentido a Xunta lembra que o bo facer das comunidades educativas destes centros válelles a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), que ten como obxectivo agrupar as iniciativas da Consellería, dirixida por Vázquez Abad, en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura como medio de potenciar o éxito escolar. De feito, a incorporación este curso ao PLAMBE da EEI As Dunas (Panxón) é un exemplo do bo traballo desenvolvido neste centro ao introducir a biblioteca escolar como un espazo para o goce dos máis pequenos, favorecendo que se familiaricen cos libros e os diferentes recursos que se atopan na biblioteca desde idades moi temperás. Do mesmo xeito, o representante da Xunta coñeceu en primeira persoa as actividades desenvolvidas en outras tres bibliotecas escolares que tamén son novas incorporacións deste curso ao PLAMBE, as dos CEIP de Mallón e da Cruz, e a do CEE de Panxón; así como as dos CEIP Carlos Casares e CPI de Panxón, que xa levan anos participando do Plan de Mellora. Os recursos da biblioteca, unha ferramenta habitual Precisamente a súa participación no PLAMBE permite a estes centros contar este curso con 26.000 euros para mellorar os fondos e as instalacións bibliotecarias. Fondos que comprenden tanto libros como DVDs, música ou recursos dixitais e que, grazas ao labor desenvolvido nas bibliotecas, pasan a ser ferramentas de uso habitual para o alumnado, tanto para a súa información, como para o seu uso como manual de estudo, lectura de lecer, etc. Neste sentido, o departamento educativo da Xunta de Galicia anima ás comunidades educativas destes centros a continuar nesta liña de traballo, e agradeceu aos docentes a súa implicación na transformación que están a vivir as bibliotecas escolares, que apoian as actividades que día a día se levan a cabo nas aulas, favorecendo a busca por parte do alumnado de materiais complementarios nos andeis da biblioteca, o que esperta o seu interese investigador e o seu gusto por aprender. Trátase, ao mesmo tempo, dun estímulo enriquecedor para o propio docente o feito de buscar novas formas de achegar as súas respectivas materias ao alumnado a través de estratexias innovadoras, organizando espazos e tempos para a lectura e acompañándoos na súa formación como lectores. Desde a Xunta considérase que o traballo que se está a realizar en Galicia no eido das bibliotecas escolares “é excelente” e boa proba disto son os numerosos premios a nivel nacional obtidos polos centros galegos. Así, dende a creación dos premios outorgados polo Ministerio de Educación, Galicia recibiu 35 distincións pola súa labor en pro do fomento da lectura e actualización das bibliotecas dos centros de ensinanza, “destacando os últimos tres anos, nos que se disparou o número de galardóns recibidos, chegando ata os 19”.
Cute Turtle