martes, 15 de junio de 2010

AS NOSAS PRANTIÑAS

Durante os meses de maio e xuño prantamos algunhas prantiñas no noso cole. As tartarugas verdes prantamos patacas, millo, pementos e chícharos, mirade o proceso que seguimos.

O NOSO PRIMEIRO LIBRO DIXITAL

As Tartarugas Verdes fixemos un libro dixital de Rimas. Comezamos a rimar polas Letras Galegas, en maio, e decidimos probar a grabar as nosas voces coa grabadora de sons. Escaneamos os nosos debuxos e grabamos.... probando, probando!Mirade que rimas máis bonitiñas nos quedaron!

miércoles, 9 de junio de 2010

ME DUELE EL CAPARAZÓN

O pasado 24 de maio tódalas tartarugas de Panxón visitamos o Teatro Caixanova en Vigo. Vimos unha obra de teatro que nos gustou un montón.
Era a historia dunha tartaruga que lle doía o seu caparazón. E sabedes a quen visitou........o CAPARAZÓLOGO!

viernes, 4 de junio de 2010

FIXEMOS TÍTERES

@S NEN@S DE 3 ANOS O MÉRCORES, COA PROFE RAQUEL FIXEMOS UNS TÍTERES:

1º) DEBUXAMOS A CARA DO NOSO BONECO.

2º) DECORAMOS O SEU TRAXE CON ROTULADORES E GOMETS.

3º) PICAMOS A CABEZA DO BONECO.

4º) PEGAMOS A CABEZA NUN PAU DE XEADO.

5º) PEGÁMOSLLE PAPEL PINOCHO A MODO DE PELO.

6º) RECORTAMOS O TRAXE CON TESOIRAS DE FORMA, PARA QUE QUEDARA MÁIS DIVERTIDO.

7º) POR ÚLTIMO, PEGAMOS O VESTIDO NO PAU, E XA ESTÁ LISTO O NOSO TÍTEREEEEEE.........!!!!!!

-DEBUXAMOS-

Coa profe Raquel, @s nen@s de 3 anos debuxamos un neno xigante. Anxo tumbouse no chan e debuxamos a sua silueta e logo entre todo@s completamos os debuxo.
Mirade que CHULOOOOO!!!!!

martes, 1 de junio de 2010

OS PAIS MÁIS TRABALLADORES DO MUNDO

As tartarugas Verdes tiveron un mes de maio de moito traballo. Algúns pais viñeron de visita ó cole a contarlle aos nen@s en que consistía o seu oficio.@s nen@s xogaron ós oficios e fixeron de xornalistas durante as visitas dos seus papis. Mirade que ben fixeron o seu traballo. Gracinhas a todos por participar. Gerardo o papi de Anxo (espero que se melloren pronto os teus dediños), Felipe o papi de Dani e Damián o papi de Gabri.
Cute Turtle