lunes, 17 de diciembre de 2007

- A NOSA MASCOTA É............. -

UNHA TARTARUGA, E ELA MESMA VOS VAI CONTAR COMO É:
¡¡¡¡ Ola !!! Chámome TEO, son a mascota da Escola de Educación Infantil As Dunas, como podedes ver son unha tartaruga, as tartarugas somos animais vertebrados, xa que temos un esqueleto óseo e unha columna vertebral. Formamos parte da clase dos réptiles, pertencemos á orde dos quelonios que se caracterizan por ter unha cuncha dura que cobre os nosos órganos internos do corpo.
Aínda que a nosa cunha é dura en algunhas ocasións bastante grosa, é unha estructura bastante sensible, debido a que ten terminacións nerviosas. É por iso que nunca debes perforala, nin raiar, nin pintar con ningunha substancia química, xa que iso me danaría e podería causarme a morte.
As tartarugas temos unha dieta bastante ampla. Somos omnívoras, e dicir, comemos case de todo, o que é bo para o noso desenvolvemento.
Aínda que vivo en cativerio, debedes darme unha dieta o mais variada e similar ás condicións do meu hábitat natural.
Comerei unha vez ó día, dous se fixen moito exercicio. É mellor que me deixedes un pouco famenta, que farta, deste xeito evitarei moitos dos problemas que acompañan a fartura.
Non me deixes a comida no acuario todo o día, cando acabe de comer retírama, e se non como, ponma mais tarde ou déixao para o día seguinte.
Podo comer, ademais da miña comida para tartarugas: gambas, xamón cocido, tomates, leituga, salchichas, melón, mazás...todo en anacos pequenos.
O ideal que poida facer un pouco de exercicio fora do acuario, duran te non máis de 30 minutos. Eso si, vixiádeme todo o tempo, porque son moi intrépido e aventureiro, métome por canto recanto ou agocho atopo, ademais pódome quedar patas arriba e non son capaz de dar a volta eu só e podo morrer.
Ata agora estiven cos neno/as de 5 anos, e a volta do Nadal ireime cos nenos/as de 4 anos, esta é o meu acuario, está personalizado.
Encantame sair ao recreo cos neno/as, sobretodo os días de sol, porque así poco estirar o meu pescozo ó sol, que marabillaaaaaa................!!!!!!!! ALÉGROME MOITO DE ESTAR CONVOSCO, PERO POR FAVOR COIDÁDEME E NON ESQUEZADES QUE SON UN ANIMAL NON UN XOGUETE.
MOITAS GRAZAS

viernes, 7 de diciembre de 2007

- BO NADAAALLL..... -

DENDE A "ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL AS DUNAS" DE NIGRÁN QUEREMOS DESEXARVOS FELICES FESTAS, E PARA ISO FIXEMOS ENTRE TODOS/AS OS NENOS/AS UNHA FELICITACIÓN DE NADAL.
OS NENOS/AS DE 5 ANOS FIXERON A PORTADA E PARTE DA CONTRAPORTADA, OS DE 4 ANOS O INTERIOR E OS BENXAMÍNS DECORARON CON ESTRELIÑAS DE CORES. QUE BÓ É TRABALLAR EN EQUIPO!!!!
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE E QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANO NOVO.




martes, 27 de noviembre de 2007

- A BUSCA DO TESOURO DO TRASNO DE MONTEFERRO-

AO DÍA SEGUINTE DO MAGOSTO DE MONTEFERRO, PUXÉMONOS MANS Á OBRA, CO MAPA DO TESOURO, QUE O DÍA ANTERIOR NOS DEIXARA O TRASNO DE MONTEFERRO. IMOVÓSLO ENSINAR, ERA ESTE:

COLGAMOS O MAPA NA CORTIZA, PARA PODER VELO TODOS/AS MELLOR. A PROFE EVA AXUDOUNOS A COMPRENDELO E DECIDIMOS BUSCAR A PRIMEIRA PISTA NO TOBOGÁN , E ATOPÁMOLA.
A PISTA MANDÁBANOS QUE NOS TIRÁSEMOS TODOS/AS POLO TOBOGÁN.A SEGUNDA PISTA ESTABA DENTRO DA TARTARUGA DO AREEIRO.
AQUI MANDÁBANNOS CANTAR FACENDO UNHA RODA ARREDOR DA TARTARUGA:

A SEGUINTE PISTA TIÑA QUE VER CON FLORES, POR ISO MIRAMOS EN TODAS AS FLORES QUE TEMOS NO XARDÍN, ATA QUE ATOPAMOS A PISTA;
ESTA PISTA MANDÁBANOS SALTAR.A CUARTA PISTA, ESTABA AGOCHADA DEBAIXO DUNHA MESA, NO HALLL DO COLE.A PISTA MANDÁBANOS PASAR TODOS/AS POR DEBAIXO DA MESA. A DERRADEIRA PISTA ESTABA AGOCHADA NA CASIÑA DO XARDÍN: TIÑAMOS QUE PETAR NAS VENTÁS DUAS VECES. NA CASIÑA A NOTA QUE ALÍ HABÍA, DICIANOS QUE TIÑAMOS QUE BUSCAR UN ROSAL E MOI PRETO DEL ESTARÍA O NOSO TESOURO:

E POR FIN ATOPAMOS O TESOURO, NA CAIXA HABÍA MOITOS FROITOS SECOS: CACAHUETES, NOCES, PISTACHOS, ANACARDOS, E AMÉNDOAS, QUE DESPOIS PROBAMOS TODOS E HAI QUE DICIR QUE ESTABAN BOÍSIMOS.

domingo, 25 de noviembre de 2007

A MASCOTA DA ESCOLA

TEMOS UNHA MASCOTA NA ESCOLA, É DE TODOS/AS NÓS, POR ISO A ESTAMOS A COIDAR ENTRE TODOS/AS, E CADA FIN DE SEMANA, PARA QUE NON SE QUEDE SOIÑO NA ESCOLA, VAISE CUN DE NÓS PARA A CASA.
ESTES PRIMEIROS DÍAS ESTÁ COS NENOS/AS DE 5 ANOS E ATA QUE VAIA Á CASA DE TODOS/AS ELES NON PASARÁ A OUTRA CLASE.
SAE CON NÓS AO RECREO, ENCÁNTALLE PASEAR AO SOL.
SABEDES CAL É A NOSA MASCOTA????

domingo, 18 de noviembre de 2007

- O MAGOSTO EN MONTEFERRO -

O 8 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS EN MONTEFERRO O MAGOSTO DA ESCOLA, PASÁMOLO DE MEDO, ALÍ ESTIVEMOS, OS NEN@S DA ESCOLA DAS DUNAS E OS DA ESCOLA DE PRIEGUE, AS PROFES, MAMÁS,PAPÁS E AVÓS.

NADA MAIS CHEGAR A MONTEFERRO TIVEMOS A PRIMEIRA SORPRESA, A MAMÁ E A IRMÁ DE PERE(E.I.3 ANOS), DISFRAZAS DE CASTAÑEIRAS, A QUE ESTABAN MOI GUAPAS?, DENDE LOGO QUE SIIIIII.....
MENTRES ALGÚNS/ÁS PAIS E NAIS ORGANIZABAN AS MESAS E ASABAN CASTAÑAS E CHOURIZOS, NÓS FOMOS A DAR UN PASEO COAS PROFES POLO MONTE, PARA VER COMO ESTABA EN OUTONO E COMO NON, PARA RECOLLER; FOLLAS DE DISTINTAS ÁBORES,COCO DE EUCALIPTO, LANDRAS,...
COMO ESTABAMOS CANSOS DA CAMIÑADA SENTAMONOS UN ANACO, PARA RECUPERAR FORZAS, NESAS ANDABAMOS, CANDO DE SÚPETO... NON VOLO IDES A CREER CANDO VOLO CONTEMOS,........
APARECEUSENOS UN TRASNO, O TRASNO DE MONTEFERRO. SÓ CONSEGUIMOS VERLLE OS PÉS. DESIXOUNOS AGOCHADO ENTRE OS ARBUSTOS UN MAPA DO TESOURO, PARA QUE O BUSCARAMOS NA ESCOLA. DESPOIS DE TANTAS COUSAS QUE NOS PASARAN E DE TANTAS EMOCIÓNS, NECESITABAMOS RECUPERAR FORZAS E ALÁ FÓMONOS COMER TODO O QUE NOS PREPARAN OS NOSO/AS PAIS/NAIS. ESTABA TODO BOÍSIMO. MOITAS GRAZAS!!!!!
PARA ESTA OCASIÓN TAN ESPECIAL FIXEMOS UN CESTOS PARA LEVAR AS CASTAÑAS, ERA UN CARTÓN DO LEITE, QUE AS NOSAS PROFES ENCARGÁRONSE DE RECORTALOS, PARA DARLLE FORMA E NOS DE DECORALOS. MIRADE QUE CHULADA!!!!! DENIS DE E.I. DE 4 ANOS, PÍDENOS QUE FAGAMOS MENCIÓN DO RIQUÍSIMOS QUE ESTABAN OS CHOIRIZOS, A BOA FÉ QUE SI.... MOITAS GRAZAS A TODOS/AS PAIS/NAIS POR TODO O FIXERON POR NOS, PERO SOBRE TODO A ESE SUFRIDORES PAIS E AVÓS, QUE LOITARON COAS CASTAÑAS, CO LUME E COS CHOURIZOS. MOITAS, MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

martes, 13 de noviembre de 2007

- KALANDRAKA -

O luns 5 de novembro viñeron á escola duas contacontos de KALANDRAKA; Sandra e Iria. Contáronnos 4 contos marabillosos, cada cál mais divertido:

















1. O primeiro conto que nos contaron foi: OH!! , onde non todo é o que parece, os debuxos vanse transformando ó longo do conto. É sorprendente.

2. O segundo conto titulábase O RATO PACO, e contáronnolo en inglés e en galego.





3. O terceiro titulábase QUERES XOGAR CONMIGO? , ía dun ratiño co que ninguen quería xogar, pero como bo conto que é, ten un final feliz.4. O derradeiro, titulábase CROCODRILO, este foi moi divertido, porque primeiro Sandra e Iria nolo contaron e logo o cantamos, nel saían un montón de cores, vermello, morado, verde...

Moitas grazas Sandra e Iria, fixéstenos pasar moi ben, esperamos que volvades pronto

viernes, 2 de noviembre de 2007

O COIDADO DA VOZ

Os nenos/as de 5 anos fixemos un cartel coa profe de AL (Raquel), con consellos para coidar a nosa voz e os nenos/as de 4 anos fomos a lelo e aprender eses consellos:
- Non berrar.
- Non esaxerar ruidos vibratorios.
- Apagar a tv e radio para falar.
- Evitar os ventiladores directos ao corpo.
- Poñer zapatos de goma os días de choiva.
- Evitar bebidas moi frías ou moi quentes.
- Respirar polo nariz, mantendo a boca pechada.
- Os caramelos e chicles de mentan resecan a larinxe.
- Protexer a gorxa do frío.

Seguimos divertíndonos en outubro


















Os nenos/as de 3 anos fomos recoller follas ao parque que está ao lado do colexio.



Este mes de outubro as tartarugas de Panxón fixemos a nosa primeira excursión a biblioteca do concello. Alí Cristina explicounos como funcionaba a biblioteca, leunos 3 contos e por último, cada un de nós leu/ollou o libro que quixo na sala de lectura.































Martín Domínguez (E.I.5anos-Tartarugas verdes), fíxonos un bonito debuxo, para dicirnos como foi para el a excursión a biblioteca.

martes, 9 de octubre de 2007

O MES DE OUTUBRO ESTÁ CHEO DE SORPRESAS

Se o mes de setembro foi divertido o de outubro está sendo moito mellor, levamos só 9 días e mirade cantas cousas xa nos pasaron:
- Fumos recoller follas verdes e amarelas ó parque que está a caron da nosa escola. Recoller, recollimos bastantes follas, pero tamén é verdade que tivemos tempo para pasalo moi,moi ben.






























- A fada FRAMBUESA trouxonos un agasallo par tod@s @s nen@s do cole nunha caixa enorme. Duas das nosas mestras Eva(E.I. 5 anos) e María (teacher) quixeron probar os agasallos, para comprobar se eran resitentes.¡¡ E si que o son!!. MOITAS GRAZAS POLOS AGASALLOS FRAMBUESA!!!!!



























- Os nen@s de 3 anos celebraron o seu primer cumpreaños na escola. FELICIDADES SANTIAGO!!!



















Saudos para a profe Uxía e ó seu novo cole o C.E.I.P. A guiño, espero que o esteades pasando tan ben coma nos.

viernes, 5 de octubre de 2007

Xa estamos noun novo curso




Este curso na escola das tartarugas temos novos nenos-as e novas mestras , ademais de Maricarmen, e Isa temos unha nova mestra en 4 anos que se chama Eva e unha de A.L. Raquel e Maria que a profe de Ingles, de momento todo vai moi ben e xa fixemos fotos do comenzo de curso . Un saúdo.
Cute Turtle