OS ANXIÑOS DO COLE:
Benvidos e benvidas a nosa Escola de Educación Infantil As Dunas, en Panxón no concello Nigrán. ..Pouco a pouco iremos contando moitas das centos de aventuras que aqui vivimos, as cousas que aprendemos, as saídas, as nosas obras de teatro, os nosos soños, paseos por internet. ..todo o que para nós é importante na andaina de medrar. Benvidos e benvidas a nosa escola.eei.dunas.panxon@edu.xunta.es 986380120
ETIQUETAS
viernes, 21 de diciembre de 2007
- A NOSA DECORACIÓN DE NADAL -
lunes, 17 de diciembre de 2007
- A NOSA MASCOTA É............. -
¡¡¡¡ Ola !!! Chámome TEO, son a mascota da Escola de Educación Infantil As Dunas, como podedes ver son unha tartaruga, as tartarugas somos animais vertebrados, xa que temos un esqueleto óseo e unha columna vertebral.
Aínda que a nosa cunha é dura en algunhas ocasións bastante grosa, é unha estructura bastante sensible, debido a que ten terminacións nerviosas. É por iso que nunca debes perforala, nin raiar, nin pintar con ningunha substancia química, xa que iso me danaría e podería causarme a morte.
As tartarugas temos unha dieta bastante ampla. Somos omnívoras, e dicir, comemos case de todo, o que é bo para o noso desenvolvemento.
Aínda que vivo en cativerio, debedes darme unha dieta o mais variada e similar ás condicións do meu hábitat natural.
Comerei unha vez ó día, dous se fixen moito exercicio. É mellor que me deixedes un pouco famenta, que farta, deste xeito evitarei moitos dos problemas que acompañan a fartura.
Non me deixes a comida no acuario todo o día, cando acabe de comer retírama, e se non como, ponma mais tarde ou déixao para o día seguinte.
Podo comer, ademais da miña comida para tartarugas: gambas, xamón cocido, tomates, leituga, salchichas, melón, mazás...todo en anacos pequenos.
O ideal que poida facer un pouco de exercicio fora do acuario, duran te non máis de 30 minutos. Eso si, vixiádeme todo o tempo, porque son moi intrépido e aventureiro, métome por canto recanto ou agocho atopo, ademais pódome quedar patas arriba e non son capaz de dar a volta eu só e podo morrer.
Ata agora estiven cos neno/as de 5 anos, e a volta do Nadal ireime cos nenos/as de 4 anos, esta é o meu acuario, está personalizado.
MOITAS GRAZAS
viernes, 7 de diciembre de 2007
- BO NADAAALLL..... -



martes, 27 de noviembre de 2007
- A BUSCA DO TESOURO DO TRASNO DE MONTEFERRO-
AQUI MANDÁBANNOS CANTAR FACENDO UNHA RODA ARREDOR DA TARTARUGA:
A SEGUINTE PISTA TIÑA QUE VER CON FLORES, POR ISO MIRAMOS EN TODAS AS FLORES QUE TEMOS NO XARDÍN, ATA QUE ATOPAMOS A PISTA;
E POR FIN ATOPAMOS O TESOURO, NA CAIXA HABÍA MOITOS FROITOS SECOS: CACAHUETES, NOCES, PISTACHOS, ANACARDOS, E AMÉNDOAS, QUE DESPOIS PROBAMOS TODOS E HAI QUE DICIR QUE ESTABAN BOÍSIMOS.
domingo, 25 de noviembre de 2007
A MASCOTA DA ESCOLA
ESTES PRIMEIROS DÍAS ESTÁ COS NENOS/AS DE 5 ANOS E ATA QUE VAIA Á CASA DE TODOS/AS ELES NON PASARÁ A OUTRA CLASE.
SAE CON NÓS AO RECREO, ENCÁNTALLE PASEAR AO SOL.
SABEDES CAL É A NOSA MASCOTA????
domingo, 18 de noviembre de 2007
- O MAGOSTO EN MONTEFERRO -
martes, 13 de noviembre de 2007
- KALANDRAKA -
1. O primeiro conto que nos contaron foi: OH!! , onde non todo é o que parece, os debuxos vanse transformando ó longo do conto. É sorprendente.
2. O segundo conto titulábase O RATO PACO, e contáronnolo en inglés e en galego.
3. O terceiro titulábase QUERES XOGAR CONMIGO? , ía dun ratiño co que ninguen quería xogar, pero como bo conto que é, ten un final feliz.
Moitas grazas Sandra e Iria, fixéstenos pasar moi ben, esperamos que volvades pronto
viernes, 2 de noviembre de 2007
O COIDADO DA VOZ
- Non esaxerar ruidos vibratorios.
- Apagar a tv e radio para falar.
- Evitar os ventiladores directos ao corpo.
- Poñer zapatos de goma os días de choiva.
- Evitar bebidas moi frías ou moi quentes.
- Respirar polo nariz, mantendo a boca pechada.
- Os caramelos e chicles de mentan resecan a larinxe.
- Protexer a gorxa do frío.
Seguimos divertíndonos en outubro

Martín Domínguez (E.I.5anos-Tartarugas verdes), fíxonos un bonito debuxo, para dicirnos como foi para el a excursión a biblioteca.
