Coa profe Raquel, @s nen@s de 3 anos debuxamos un neno xigante. Anxo tumbouse no chan e debuxamos a sua silueta e logo entre todo@s completamos os debuxo.
Mirade que CHULOOOOO!!!!!
Benvidos e benvidas a nosa Escola de Educación Infantil As Dunas, en Panxón no concello Nigrán. ..Pouco a pouco iremos contando moitas das centos de aventuras que aqui vivimos, as cousas que aprendemos, as saídas, as nosas obras de teatro, os nosos soños, paseos por internet. ..todo o que para nós é importante na andaina de medrar. Benvidos e benvidas a nosa escola.eei.dunas.panxon@edu.xunta.es 986380120
ETIQUETAS
3 ANOS
(53)
4 ANOS
(35)
5 ANOS
(95)
ACTIVIDADES
(16)
BIBLIOTECA
(250)
ECOESCUELA
(18)
INFORMACIÓN
(71)
PRIMAVERA
(1)
TARTARUGAS AZUIS
(141)
TARTARUGAS VERDES
(145)
TARTARUGAS VERMELLAS
(40)
TRABALLOS
(6)
viernes, 4 de junio de 2010
martes, 1 de junio de 2010
OS PAIS MÁIS TRABALLADORES DO MUNDO
As tartarugas Verdes tiveron un mes de maio de moito traballo. Algúns pais viñeron de visita ó cole a contarlle aos nen@s en que consistía o seu oficio.@s nen@s xogaron ós oficios e fixeron de xornalistas durante as visitas dos seus papis. Mirade que ben fixeron o seu traballo. Gracinhas a todos por participar. Gerardo o papi de Anxo (espero que se melloren pronto os teus dediños), Felipe o papi de Dani e Damián o papi de Gabri.
lunes, 31 de mayo de 2010
LETRAS GALEGAS 2010
O pasado venres 14 de Maio, celebramos a Festa das Letras Galegas. Este ano adicóuselle o escritor Uxío Novoneira. Descubrimos a obra deste autor, escribimos, cantamos en galego e fixemos unha gran festa.As tartarugas vermellas e verdes fixemos o traxe típico de baile galego e as tartarugas azuis fixemos pandeiretas de cartón. Mirade que ben o pasamos.
miércoles, 26 de mayo de 2010
EXCURSIÓN Ó MUSEO MARCO
O pasado martes 4 de mayo estivemos no Museo MARCO de Vigo. Fumos de excursión coas Escolas de Priegue e Camos e pasamos xenial. Vimos unha exposición de fotografías e fixemos un taller de reciclaxe sobre os animais das Terras Polares.
miércoles, 19 de mayo de 2010
Pinchos e zume de froitas
As Tartarugas verdes fixemos unha merenda divertida e moi sana.
Zume de froitas (laranxa e fresa) e brochetas de froitas. Coas froitas da merenda e a froita que a profe trouxo fixemos unha rica merenda. Mercamos con diñeiro de xoguete na nosa tendiña, lavamos a froita, a cortamos e a licuamos.
Zume de froitas (laranxa e fresa) e brochetas de froitas. Coas froitas da merenda e a froita que a profe trouxo fixemos unha rica merenda. Mercamos con diñeiro de xoguete na nosa tendiña, lavamos a froita, a cortamos e a licuamos.
miércoles, 12 de mayo de 2010
- VIDEO PRAXIAS -
OS NEN@S DE 3 ANOS, FIXEMOS COA PROFE RAQUEL UN VIDEO DE PRAXIAS PARA QUE OS EXERCICIOS FORAN MÁIS DIVERTIDOS. ESTE É SÓ O PRIMERIO, ESPERAMOS FACER ALGÚN MÁIS. PASÁMOLO XENIAL!!!
viernes, 30 de abril de 2010
PANADERÍA E VISITA A E.E.I. DE CAMOS
Onte, xoves día 29 fumos visitar a Panadería "La Flor de Nigrán", temos que dicir, que trataronnos moi, moi ben. Andrea e os que alí traballan con ela, contestaron todas as nosas preguntas, e regaláronnos unha magdalena e un bolo de pan a cada un (ESTABAN MOIIIIISIMOOOOSSSSS).
Despois fumos merendar a escola de E. I de Camos, para despedirnos deles, xa que para o vindeiro curso vanse para o colexio da Cruz, e así xa estarán xuntos os de Infantil máis os de Primaria.
DÍA DA NAI
RECICLANDO COUSAS DE AQUÍ E DE ALÁ, OS NEN@S DE 5 ANOS MIRADE QUE FLOR MAÍS CHUSCA FIXEMOS PARA AS NOSA MAMÁS. 
O BAR CHELSEA DE CUNTIS GARDOUNOS AS BOTELLAS DE AUGA DE SOLÁNS DE CABRA E NÓS LAVABAMOS E GARDABAMOS OS BOTES DE IOGURES BEBIBLES (ACTIMEL, QUE QUEDAN MÁIS BONITAS) QUE LEVABAMOS PARA A NOSA MERENDA.
O BAR CHELSEA DE CUNTIS GARDOUNOS AS BOTELLAS DE AUGA DE SOLÁNS DE CABRA E NÓS LAVABAMOS E GARDABAMOS OS BOTES DE IOGURES BEBIBLES (ACTIMEL, QUE QUEDAN MÁIS BONITAS) QUE LEVABAMOS PARA A NOSA MERENDA.
O PAPEL DE REGALO TAMÉN O FIXEMOS NÓS. SOBRE PAPEL DE EMBALAR DEBUXAMOS A QUE MÁIS NOS GUSTABA.
MAMÁS, ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.
MAMÁS, ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA.
miércoles, 28 de abril de 2010
martes, 27 de abril de 2010
lunes, 26 de abril de 2010
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
O venres 23 de Abril, Toni, o pai dun neno de 5 anos e dunha nena de 3, veu ao cole a contarnos varios contos. Veu todo equipado con bonecos e co tetatrillo!!!!!!!!!!!, aprendemos moito cos seus contos, ademáis trouxo a moitos dos nosos bonecos favoritos. Moitas grazas por facernos pasar un rato tan divertido. Mirade que ben o pasamos.
martes, 13 de abril de 2010
DESCUBRINDO PALABRAS, SONS E IMAXES
O PASADO 24 DE MARZO VISITAMOS O MUSEO VERBUM DAS PALABRAS. ESTIVEMOS PRETIÑO DA PRAIA DE SAMIL, PERO...QUE PENA!ESTIVO CHOVENDO E NON PUIDEMOS PASEAR POLA PRAIA. PASÁMOLO MOI BEN COS NEN@S DAS ESCOLAS DE PRIEGUE E CAMOS. MIRADE COMO NOS DIVERTIMOS!
lunes, 12 de abril de 2010
viernes, 9 de abril de 2010
miércoles, 7 de abril de 2010
martes, 6 de abril de 2010
viernes, 26 de marzo de 2010
viernes, 26 de febrero de 2010
NOS TAMÉN COLABORAMOS CON HAITÍ
CON ESTE TÍTULO "NOS TAMÉN COLABORAMOS CON HAITÍ", OS NEN@S DA ESCOLA FIXERON UNHA EXPOSICIÓN CUNS CADROS CREADOS POR ELES. SENTIMOS NON PODER AMOSARVOS DITOS CADROS, PORQUE COINCIDEU COA SEMANA DO ENTROIDO, E UNS POR OUTROS ESQUECÍMONOS DE SACAR FOTOS.
COMUNICAMOS OS PAIS-NAIS DA NOSA COMUNIDADE ESCOLAR QUE O DIÑEIRO RECAUDADO PARA OS NEN@S DE HAITÍ FOI DE 168,38 EUROS
O INGRESO FOI FEITO A TRAVES DE: “LA CAIXA”, XA QUE POR CADA 10 Euros INGRESAN 1 EURO MÁIS.
COMUNICAMOS OS PAIS-NAIS DA NOSA COMUNIDADE ESCOLAR QUE O DIÑEIRO RECAUDADO PARA OS NEN@S DE HAITÍ FOI DE 168,38 EUROS
O INGRESO FOI FEITO A TRAVES DE: “LA CAIXA”, XA QUE POR CADA 10 Euros INGRESAN 1 EURO MÁIS.
A CONTINUACIÓN TENDES O INGRESO DE DITO DIÑEIRO.
MOITOS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






































