Benvidos e benvidas a nosa Escola de Educación Infantil As Dunas, en Panxón no concello Nigrán. ..Pouco a pouco iremos contando moitas das centos de aventuras que aqui vivimos, as cousas que aprendemos, as saídas, as nosas obras de teatro, os nosos soños, paseos por internet. ..todo o que para nós é importante na andaina de medrar. Benvidos e benvidas a nosa escola.eei.dunas.panxon@edu.xunta.es 986380120
ETIQUETAS
3 ANOS
(53)
4 ANOS
(35)
5 ANOS
(95)
ACTIVIDADES
(16)
BIBLIOTECA
(250)
ECOESCUELA
(18)
INFORMACIÓN
(71)
PRIMAVERA
(1)
TARTARUGAS AZUIS
(141)
TARTARUGAS VERDES
(145)
TARTARUGAS VERMELLAS
(40)
TRABALLOS
(6)
martes, 18 de noviembre de 2014
lunes, 17 de noviembre de 2014
- BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS -
ESTE MARTES DÍA 18 DE NOVEMBRO DE 16 A 17 HORAS BIBLIODUNAS ESTARÁ ABERTA PARA TODAS AS FAMILIAS. ESTARÉMOSVOS ESPERANDO.
AS RECOMENDACIÓNS DE LOLA VAN DIRIXIDAS A PAIS E NAIS.
AS RECOMENDACIÓNS DE LOLA VAN DIRIXIDAS A PAIS E NAIS.
martes, 11 de noviembre de 2014
SAMAIN 4 ANOS
Comezamos a semana do samaín falando do que nos da medo a nos e as nosas familias, e como podemos enfrontarnos a él. Aprendemos un montón de cousas sobre esta data, lemos contos de medo, cantamos cancións de halloween, fixemos manualidades e pasámolo en grande na festa.
!Qué medo¡
lunes, 10 de noviembre de 2014
3 ANOS SAMAIN
A semana do 27 ao 30 de Outubro celebramos no cole O SAMAIN.
Durante a semana as nenas e nenos trouxeron cabazas decoradas moi chulas (moitas gracias a todas as familias por tan boa colaboración).
Os peques escoitaron contos de medo (a teacher Pilar asustounos moito co seu conto de Halloween)...
Fixeron receitas medoñentas : un gorro de bruxa moi saboroso que logo nos comimos.
Tamén fixeron manualidades: unha cabaza de ollos e bocas brillantes,e coa profe Raquel, unha pantasmiña .
O Xoves 30 viñemos todas e todos disfrazados, xogamos e reímos moito . Eu pasei moito medo...
domingo, 9 de noviembre de 2014
sábado, 8 de noviembre de 2014
3 ANOS. FELICIDADES EDGAR¡¡¡¡¡
¡¡¡¡¡¡¡ EDGAR XA TEN 3 ANOS¡¡¡¡¡¡
O pasado 27 de Novembro este neno tan lindo cumpriu 3 ANOS. Edgar, invitounos a probar uns pasteliños riquisimos¡¡¡¡¡
A sua nai e a súa tía decoraron estes super Cup Cakes con adorniños de SAMAIN e HALLOWEEN,,, para que poidesemos disfrutar deles. Quedaron superchulis.
Ás nenas e nenos lles encantaron e se lles puxeron as bocas e as linguas de cores, algunhas verdes outras azules....
MOITAS GRACIAS¡¡¡¡ E FELIZ ANIVERSARIO EDGAR¡¡¡¡
miércoles, 5 de noviembre de 2014
- BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS -
POR PROBLEMAS DE PERSOAL, O VINDEIRO MARTES DÍA 11 DE NOVEMBRO BIBLIODUNAS NON PODERÁ ESTAR ABERTA PARA AS FAMILIAS. PASÁMOLO PARA O MARTES 18 DE NOVEMBRO. PERDÓN POLAS MOLESTIAS.
martes, 4 de noviembre de 2014
viernes, 24 de octubre de 2014
- BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS -
ESTE MARTES DÍA 28 DE OUTUBRO DE 16 A 17 HORAS BIBLIODUNAS ESTARÁ ABERTA PARA TODAS AS FAMILIAS. ESTARÉMOSVOS ESPERANDO. SERÁ TERRORÍFICOOOOOOO......!!!!!!
domingo, 19 de octubre de 2014
3 ANOS. ACTIVIDADES OUTUBRO 3
Xa estamos aprendendo a utilizar os rotuladores e ceras brandas, iniciándonos en trazos sinxelos e coloreando.
No tempo que vai xa tivemos clases con tódalas mestras:
- Profe Raquel (la Dire del cole), especialista en Audición e Linguaxe; tamén lles da "Alternativa á relixión" (que agora se chama "Atención Educativa").
- Teacher Pilar, a profe de inglés.
- Profe Natalia, de relixión.
- Profe Karina, de Apoio e Psicomotricidade.
E tamén coñeceron a profe Isa (titora de 5 anos) e a profe Jesica (titora de 4 anos), que coidan os peques no patio, contannos contos os mércores e están ahi, cando as necesitamos.
A TODALAS PROFES, MOITAS GRACIAS POLO BEN QUE O FAN!!!!!!!
Etiquetas:
3 ANOS,
BIBLIOTECA,
TARTARUGAS VERDES
3 ANOS. ACTIVIDADES EN OUTUBRO 2
Seguimos afianzando a motricidade fina con diferentes técnicas plásticas: picado con punzóns, uso de pinceis, pegado,experimentación de diferentes texturas (rugoso; suave...) e cores; utilizando materiais diversos (papel de periódico; recortes de revistas, algodón, papeis brillantes...
Con axuda das mestras os/as peques ficeron uns manteis moi xeitosos para as merendas.
BO TRABALLO CAMPEONAS E CAMPEÓNS!!!!!
Etiquetas:
3 ANOS,
BIBLIOTECA,
TARTARUGAS VERDES
3 ANOS. ACTIVIDADES NO MES DE OUTUBRO
Aquí vos deixo unha mostra dalgunhas actividades que estiveron a facer os/as peques neste mes de Outubro:
- Aprendimos a poñer os mandilóns e intentamos abrochar un botón; primeiro practicamos nos mandilóns dos compis.
- Exploramos os distintos rincóns e compartimos xogos con compañeiros e compañeiras.
- Desenvolvimos a motricidade fina con puzles, xogos de engarzar, e plastilina.
Etiquetas:
3 ANOS,
BIBLIOTECA,
TARTARUGAS VERDES
miércoles, 15 de octubre de 2014
3 ANOS. FELICIDADES DARA
¡FELIZ CUMPLEAÑOS DARA!
O venres 10 de Outubro Dara, cumpriu 3 anos.
Trouxo unha tarta de chocolate e galletas que fixeron na casa para invitar aos compis e as profes.
Estaba riquíiiiiiiisima!!!.
Foi moi divertido.
Moitas felicidades dos teus compañeiros e compañeiras e mestras.
Etiquetas:
3 ANOS,
BIBLIOTECA,
TARTARUGAS VERDES
domingo, 12 de octubre de 2014
- BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS -
ESTE MARTES DÍA 14 DE OUTUBRO DE 16 A 17 HORAS BIBLIODUNAS ESTARÁ ABERTA PARA TODAS AS FAMILIAS. ESTARÉMOSVOS ESPERANDO.
jueves, 9 de octubre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












