Un saúdo a todos e todas.
Benvidos e benvidas a nosa Escola de Educación Infantil As Dunas, en Panxón no concello Nigrán. ..Pouco a pouco iremos contando moitas das centos de aventuras que aqui vivimos, as cousas que aprendemos, as saídas, as nosas obras de teatro, os nosos soños, paseos por internet. ..todo o que para nós é importante na andaina de medrar. Benvidos e benvidas a nosa escola.eei.dunas.panxon@edu.xunta.es 986380120
ETIQUETAS
3 ANOS
(53)
4 ANOS
(35)
5 ANOS
(95)
ACTIVIDADES
(16)
BIBLIOTECA
(250)
ECOESCUELA
(18)
INFORMACIÓN
(71)
PRIMAVERA
(1)
TARTARUGAS AZUIS
(141)
TARTARUGAS VERDES
(145)
TARTARUGAS VERMELLAS
(40)
TRABALLOS
(6)
martes, 18 de noviembre de 2014
CELEBRAMOS O MAGOSTO 4 ANOS
Chegou o outono e con él a festa do magosto. No cole tamén o festexamos, aprobeitandoo para facer diferentes actividades: investigamos sobre o tema no ordenador e na pantalla dixital, falamos da castaña e as súas propiedades, fixemos manualidades, descubrimos novas cores, acercámonos a lectoescritura con palabras relacionadas ca festa, aprendemos cancións... e sobre todo pasámolo xenial na festa na que nos acompañaron moitos papis e mamis.
Moitas gracias a todos pola vosa colaboración. Darlle, tamén, as gracias a María (mamá de Alba) por achegarnos as fotos da festa.
Un saúdo a todos e todas.
Un saúdo a todos e todas.
"ENGLISH INTERVIEWS" NA AULA DE 5 ANOS
As Tartarugas Vermellas, na aula de 5 anos, estivemos a facer unhas pequeniñas entrevistas en inglés.
Esperamos que vos gusten moito!!!
Se queredes descargar os vídeos o podedes facer na páxina web do colexio EEI As Dunas Panxón, no seguinte enlace
http://www.edu.xunta.es/centros/eeidunaspanxon/node/221#attachments
lunes, 17 de noviembre de 2014
- BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS -
ESTE MARTES DÍA 18 DE NOVEMBRO DE 16 A 17 HORAS BIBLIODUNAS ESTARÁ ABERTA PARA TODAS AS FAMILIAS. ESTARÉMOSVOS ESPERANDO.
AS RECOMENDACIÓNS DE LOLA VAN DIRIXIDAS A PAIS E NAIS.
AS RECOMENDACIÓNS DE LOLA VAN DIRIXIDAS A PAIS E NAIS.
martes, 11 de noviembre de 2014
SAMAIN 4 ANOS
Comezamos a semana do samaín falando do que nos da medo a nos e as nosas familias, e como podemos enfrontarnos a él. Aprendemos un montón de cousas sobre esta data, lemos contos de medo, cantamos cancións de halloween, fixemos manualidades e pasámolo en grande na festa.
!Qué medo¡
lunes, 10 de noviembre de 2014
3 ANOS SAMAIN
A semana do 27 ao 30 de Outubro celebramos no cole O SAMAIN.
Durante a semana as nenas e nenos trouxeron cabazas decoradas moi chulas (moitas gracias a todas as familias por tan boa colaboración).
Os peques escoitaron contos de medo (a teacher Pilar asustounos moito co seu conto de Halloween)...
Fixeron receitas medoñentas : un gorro de bruxa moi saboroso que logo nos comimos.
Tamén fixeron manualidades: unha cabaza de ollos e bocas brillantes,e coa profe Raquel, unha pantasmiña .
O Xoves 30 viñemos todas e todos disfrazados, xogamos e reímos moito . Eu pasei moito medo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







