miércoles, 14 de enero de 2015

sábado, 27 de diciembre de 2014

3 ANOS. ¡XES XA TEN TRES ANOS!!



O pasado 6 de Decembro , Xes cumpriu tres aniños. Para celebralo no cole, a súa nai, fixo un biscoito riquíiisiimo de chocolate.  A os nenos e nenas e tamén ás profes, gustoulles moito. Xes regalou aos nenos e nenas unhas piruletas de fresa,, quedaron encantadas/os. Cantamos, comemos e bailamos. Pasámolo moi ben!!.
PARABÉNS XES!!!!



3 ANOS. OUTRAS ACTIVIDADES EN DECEMBRO.


Neste mes de decembro os peques estiveron moi ocupados facendo cousiñas para o "3º Mercadiño Solidario" do cole e tamén algún adorno típico para estas festas.
Fixemos árbores de Nadal traballando con papel de seda e pinceis; fixemos tamén uns fermosos colgantes de arcila branca, que logo pintaron como auténticos artesáns e artesás. Enchemos piñas de cor e purpurina . E tamén fixemos unha bota de papeis de cores brillantes, para adornar as nosas casas.
MOITAS GRAZAS familias! pola vosa colaboración e apoio, tanto coa vosa presencia, atendendo e axudando co mercadiño,  como contribuíndo con  cousiñas para vender no mercadiño e para endulzar estas datas; bizcoitos, filloas...

Espero que disfrutedes destas festas e que o Aninovo veña cheo de Saúde e moitas alegrías.

3 ANOS. ACTIVIDADES NOVEMBRO- DECEMBRO


Aquí podedes ver algunhas actividades que estiveron a facer os peques nestes meses. Moita concentración, esforzo e traballo, ESTUPENDO!!!
Podedes velos facendo algunhas fichas de grafomotricidade e coloreado; facendo un fermoso boneco de neve, experimentando con materiais diversos e como pequenos artistas pintando con pincel e decorando as portadas das suás carpetas de arte. ¡Que chulis!

sábado, 13 de diciembre de 2014

3 ANOS. MARTA XA TEN TRES ANOS¡¡¡




O pasado 26 de Novembro, Marta cumpliu 3 aniños. Para celebralo convidounos a tomar un riquísimo biscoito de chocolate.
Foi unha merenda moi especial. Aproveitamos para darlle a súa mamá os parabens polo seu recén chegado, "José".
Moitas gracias¡¡¡¡
 Moitas felicidades MARTA¡¡¡¡




jueves, 11 de diciembre de 2014

lunes, 24 de noviembre de 2014

- BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS

ESTE MARTES DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 16 A 17 HORAS BIBLIODUNAS ESTARÁ ABERTA PARA TODAS AS FAMILIAS. ESTARÉMOSVOS ESPERANDO.
AS RECOMENDACIÓNS DE LOLA SON:



martes, 18 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO 4 ANOS

Chegou o outono e con él a festa do magosto. No cole tamén o festexamos, aprobeitandoo para facer diferentes actividades: investigamos sobre o tema no ordenador e na pantalla dixital, falamos da castaña e as súas propiedades, fixemos manualidades, descubrimos novas cores, acercámonos a lectoescritura con palabras relacionadas ca festa,  aprendemos cancións...  e sobre todo pasámolo xenial na festa na que nos acompañaron moitos papis e mamis.

Moitas gracias a todos pola vosa colaboración. Darlle, tamén, as gracias a María (mamá de Alba) por achegarnos as fotos da festa.

Un saúdo a todos e todas.

"ENGLISH INTERVIEWS" NA AULA DE 5 ANOS

As Tartarugas Vermellas, na aula de 5 anos, estivemos a facer unhas pequeniñas entrevistas en inglés.
Esperamos que vos gusten moito!!!
Se queredes descargar os vídeos o podedes facer na páxina web do colexio EEI As Dunas Panxón, no seguinte enlace


 http://www.edu.xunta.es/centros/eeidunaspanxon/node/221#attachments


ENGLISH INTERVIEW: ZOE


ENGLISH INTERVIEW: PABLO


ENGLISH INTERVIEW: NIKOL


ENGLISH INTERVIEW: MANUEL


ENGLISH INTERVIEW: LORENA


ENGLISH INTERVIEW: IZAN


ENGLISH INTERVIEW: INES


ENGLISH INTERVIEW: DANIELA MAI


ENGLISH INTERVIEW: BERENGUELA


Cute Turtle