lunes, 27 de septiembre de 2010

miércoles, 22 de septiembre de 2010

martes, 14 de septiembre de 2010

miércoles, 8 de septiembre de 2010

- BIBLIOTECA -

LOLA DÁVOS A BENVIDA A ESTE NOVO CURSO ESCOLAR, E PARA QUE EMPECEDES FACENDO UNHA BOA LECTURA, RECOMENDÁMOSVOS OS SEGUINTES LIBROS:





lunes, 6 de septiembre de 2010

- COMEZO DE CURSO -

TEREMOS A REUNIÓN DE COMEZO DE CURSO, ESTE MARTES DÍA 8, AS 16:30 DO SERÁN.

domingo, 11 de julio de 2010

SAÍDA Á PRAIA DE PANXÓN

O último día de cole, o martes 22 de xuño fixemos unha visita moi divertida á Praia de Panxón. Acompañounos a Asociación de Educación Ambiental Teixugo. Ensinaronnos moitas cousas que podemos atopar na praia: algas e cunchas de cores. Pintáronnos de piratas e princesas e pasámolo xenial. Pro vindeiro curso máis actividades!Feliz verán nais, pais, nen@s e profes!Saudinhos da Profe Sara

FESTA DE FIN DE CURSO

O venres 18 de xuño celebramos a festa de Fin de Curso! Foi moi divertida e pasámolo xenial. Foi a despedida das Tartarugas azuis e da profe Auri e a profe Sara. Mirade que ben o pasamos coas actuacións dos máis pequenos e a incrible Festa da Espuma. Graciñas os bombeiros de Nigrán e a tódalas nais e pais que nos axudaron. Que pasedes un bó verán!

A NOSA RECEITA DE GALLETAS

A última semana de cole as Tartarugas vermellas e as verdes fixemos un taller de cociña moi divertido. Cociñamos unha receita de galletas usando o microondas do cole. Mirade que ben o pasamos mezclando os ingredentes, pesando e amasando.

ORLA DAS TARTARUGAS VERDES


A profe Sara como agasallo de despedida regalounos esta orla!Gustounos moito porque ademáis nos regalou unha poesía co noso nome. A Elefanta Elena, o Delfín Daniel, a Iguana Iria, o Gato Gabriel, a abella Anxo, a buhíña Brisa, e a Leona Lucía . Graciñas por un ano cheo de aprendizaxes e bós momentos. Profe Sara

martes, 15 de junio de 2010

AS NOSAS PRANTIÑAS

Durante os meses de maio e xuño prantamos algunhas prantiñas no noso cole. As tartarugas verdes prantamos patacas, millo, pementos e chícharos, mirade o proceso que seguimos.

O NOSO PRIMEIRO LIBRO DIXITAL

As Tartarugas Verdes fixemos un libro dixital de Rimas. Comezamos a rimar polas Letras Galegas, en maio, e decidimos probar a grabar as nosas voces coa grabadora de sons. Escaneamos os nosos debuxos e grabamos.... probando, probando!Mirade que rimas máis bonitiñas nos quedaron!

miércoles, 9 de junio de 2010

ME DUELE EL CAPARAZÓN

O pasado 24 de maio tódalas tartarugas de Panxón visitamos o Teatro Caixanova en Vigo. Vimos unha obra de teatro que nos gustou un montón.
Era a historia dunha tartaruga que lle doía o seu caparazón. E sabedes a quen visitou........o CAPARAZÓLOGO!

viernes, 4 de junio de 2010

FIXEMOS TÍTERES

@S NEN@S DE 3 ANOS O MÉRCORES, COA PROFE RAQUEL FIXEMOS UNS TÍTERES:

1º) DEBUXAMOS A CARA DO NOSO BONECO.

2º) DECORAMOS O SEU TRAXE CON ROTULADORES E GOMETS.

3º) PICAMOS A CABEZA DO BONECO.

4º) PEGAMOS A CABEZA NUN PAU DE XEADO.

5º) PEGÁMOSLLE PAPEL PINOCHO A MODO DE PELO.

6º) RECORTAMOS O TRAXE CON TESOIRAS DE FORMA, PARA QUE QUEDARA MÁIS DIVERTIDO.

7º) POR ÚLTIMO, PEGAMOS O VESTIDO NO PAU, E XA ESTÁ LISTO O NOSO TÍTEREEEEEE.........!!!!!!

-DEBUXAMOS-

Coa profe Raquel, @s nen@s de 3 anos debuxamos un neno xigante. Anxo tumbouse no chan e debuxamos a sua silueta e logo entre todo@s completamos os debuxo.
Mirade que CHULOOOOO!!!!!

martes, 1 de junio de 2010

OS PAIS MÁIS TRABALLADORES DO MUNDO

As tartarugas Verdes tiveron un mes de maio de moito traballo. Algúns pais viñeron de visita ó cole a contarlle aos nen@s en que consistía o seu oficio.@s nen@s xogaron ós oficios e fixeron de xornalistas durante as visitas dos seus papis. Mirade que ben fixeron o seu traballo. Gracinhas a todos por participar. Gerardo o papi de Anxo (espero que se melloren pronto os teus dediños), Felipe o papi de Dani e Damián o papi de Gabri.

lunes, 31 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

O pasado venres 14 de Maio, celebramos a Festa das Letras Galegas. Este ano adicóuselle o escritor Uxío Novoneira. Descubrimos a obra deste autor, escribimos, cantamos en galego e fixemos unha gran festa.As tartarugas vermellas e verdes fixemos o traxe típico de baile galego e as tartarugas azuis fixemos pandeiretas de cartón. Mirade que ben o pasamos.




miércoles, 26 de mayo de 2010

EXCURSIÓN Ó MUSEO MARCO

O pasado martes 4 de mayo estivemos no Museo MARCO de Vigo. Fumos de excursión coas Escolas de Priegue e Camos e pasamos xenial. Vimos unha exposición de fotografías e fixemos un taller de reciclaxe sobre os animais das Terras Polares.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Pinchos e zume de froitas

As Tartarugas verdes fixemos unha merenda divertida e moi sana.
Zume de froitas (laranxa e fresa) e brochetas de froitas. Coas froitas da merenda e a froita que a profe trouxo fixemos unha rica merenda. Mercamos con diñeiro de xoguete na nosa tendiña, lavamos a froita, a cortamos e a licuamos.

miércoles, 12 de mayo de 2010

- VIDEO PRAXIAS -




OS NEN@S DE 3 ANOS, FIXEMOS COA PROFE RAQUEL UN VIDEO DE PRAXIAS PARA QUE OS EXERCICIOS FORAN MÁIS DIVERTIDOS. ESTE É SÓ O PRIMERIO, ESPERAMOS FACER ALGÚN MÁIS. PASÁMOLO XENIAL!!!

Cute Turtle