lunes, 4 de febrero de 2008

- O ENTROIDO EN PANXÓN -

Este ano debido a falta de tempo, xa que o Entroido coincidiu case coa volta do Nadal, decidimos que o venres de entroido os nenos/as da escola, viñeran disfrazados das suas casas.

Pero iso si, decidimos celebrar a semana do Entroido, que consistía en traer cada día unha cousa. Antes de irnos para a casa ó mediodía, tiñamos que ler o que poñía o cartel do pallaso,para saber o que tocaba traer ao día seguinte.
- O luns tocaba algo na cabeza (unha perruca, un sombreiro, un lazo...)
- O martes un pantalón ou saia divertida:
- O mércores algo ao colo (unha garavata, collares...):
- O xoves un zapato, zapatilla ou bota diferente en cada pe, mais todo o que se trouxo os días anteriores:
Os papás de PERE (de 3 anos) fixéronnos un MECO estupendo para a escola:
o que lle fumos poñendo o tocaba traer cada día:

e o mellor MECO de toda a zona de Vigo e do Valmiñor, moitas grazas, con papás e mamás coma vós da gusto traballar. MOITAS GRAZAS!!!!!!!

O venres na escola houbo moitísimos disfraces, mírade:

Na escola fixemos un mapa de Galicia e nel sinalamos algúns dos disfraces mais representativos da nosa comunidade (Peliqueiros, Boteiros, Pantallas e Xenerais), non os puxemos todos, porque para o ano imos ver os que nos faltan , é que sonche moitos os disfraces que temos en Galicia e moi bonitos por certo!!!!!


No hay comentarios:

Cute Turtle