domingo, 30 de abril de 2017

INICIO DO PERIODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.
a) Normativa reguladora do procedemento de admisión.
    Orde do 25 de Xaneiro de 2017 de Admisión de Alumnado (DOG): 
    Accede aquí ao DOCUMENTO
b) Prazo de presentación das solicitudes de Admisión: do 1 ao 15 de Febreiro.
c) Aspectos relativos ao Procedemento de Admisión:
1º.- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.  A presentación simuñtánea noutros centros  conlevará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, no caso de presentar a solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe.
3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva  antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A nova orde de Admisión de Alumnado ofrece a posibilidade de presentar as solicitudes  e consultar o estado de  tramitación das mesmas través da aplicación informática «admisionalumnado» na dirección (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI. da persoa solicitante».  
d) Calendario do procedemento:
Solicitud de Reserva de praza para O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste : do 1 ata o 15 de febreiro.
Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.
Presentación da Solicitude de  Admisión: 1-20 de marzo.
Publicación de listaxes provisionais de admitidos: antes do 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas de admitidos: Antes do 15 de maio.
Formalización da matrícula en educación Infantil e Primaria: 20 ao 30 de Xuño no centro solicitado ou no centro adscrito, no noso caso no CPI DE PANXÓN.
Importante!!!: Atentos aos prazos de solicitude axuda libros e material escolar que establece o centro adscrito. Sobre todo o alumnado do curso de 6º Infantil (5 anos) que accede o ano que ven a Primaria.

SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE  ESCOLAR
Acceso aos servizos complementarios  (comedor e transporte) en centros públicos e autorización de utilización de datos de identidade persoal, de verificación de residencia e de información tributaria
Lembrade que o noso centro adscrito é o CPI de Panxón.
1.- As nais, país ou representantes legais do alumnado que presenten solicitude de admisión ou formalicen matrícula, deberán indicar expresamente se  solicitan os servizos de Comedor e/ou Transporte Escolar.
2.- O alumnado con garantía de permanencia no centro que non teña que formalizar a matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido ao centro ao longo do mes de maio que  solicitan os servizos de comedor e/ou transporte para o seguinte ano escolar.
3.- Para os únicos efectos de acceder aos ditos servizos, as persoas interesadas autorizarán expresamente a utilización dos datos de identidade persoal e de residencia, que serán subministrados directamente a esta consellería polos respectivos Sistemas de Veri‑ ficación de Datos de Identidade e Residencia do Ministerio de Facenda e Administracións. Así mesmo, autorizarán a utilización da información tributaria que se precise, que será subministrada directamente a esta consellería pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. De non autorizar esta consulta, deberán achegar copia do documento de identidade correspondente e do certificado de empadroamento

A continuación tedes os enlaces aos formularios.



Cute Turtle