domingo, 30 de abril de 2017

INICIO DO PERIODO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.
a) Normativa reguladora do procedemento de admisión.
    Orde do 25 de Xaneiro de 2017 de Admisión de Alumnado (DOG): 
    Accede aquí ao DOCUMENTO
b) Prazo de presentación das solicitudes de Admisión: do 1 ao 15 de Febreiro.
c) Aspectos relativos ao Procedemento de Admisión:
1º.- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.  A presentación simuñtánea noutros centros  conlevará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, no caso de presentar a solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe.
3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva  antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A nova orde de Admisión de Alumnado ofrece a posibilidade de presentar as solicitudes  e consultar o estado de  tramitación das mesmas través da aplicación informática «admisionalumnado» na dirección (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI. da persoa solicitante».  
d) Calendario do procedemento:
Solicitud de Reserva de praza para O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste : do 1 ata o 15 de febreiro.
Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.
Presentación da Solicitude de  Admisión: 1-20 de marzo.
Publicación de listaxes provisionais de admitidos: antes do 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas de admitidos: Antes do 15 de maio.
Formalización da matrícula en educación Infantil e Primaria: 20 ao 30 de Xuño no centro solicitado ou no centro adscrito, no noso caso no CPI DE PANXÓN.
Importante!!!: Atentos aos prazos de solicitude axuda libros e material escolar que establece o centro adscrito. Sobre todo o alumnado do curso de 6º Infantil (5 anos) que accede o ano que ven a Primaria.

SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE  ESCOLAR
Acceso aos servizos complementarios  (comedor e transporte) en centros públicos e autorización de utilización de datos de identidade persoal, de verificación de residencia e de información tributaria
Lembrade que o noso centro adscrito é o CPI de Panxón.
1.- As nais, país ou representantes legais do alumnado que presenten solicitude de admisión ou formalicen matrícula, deberán indicar expresamente se  solicitan os servizos de Comedor e/ou Transporte Escolar.
2.- O alumnado con garantía de permanencia no centro que non teña que formalizar a matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido ao centro ao longo do mes de maio que  solicitan os servizos de comedor e/ou transporte para o seguinte ano escolar.
3.- Para os únicos efectos de acceder aos ditos servizos, as persoas interesadas autorizarán expresamente a utilización dos datos de identidade persoal e de residencia, que serán subministrados directamente a esta consellería polos respectivos Sistemas de Veri‑ ficación de Datos de Identidade e Residencia do Ministerio de Facenda e Administracións. Así mesmo, autorizarán a utilización da información tributaria que se precise, que será subministrada directamente a esta consellería pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. De non autorizar esta consulta, deberán achegar copia do documento de identidade correspondente e do certificado de empadroamento

A continuación tedes os enlaces aos formularios.



viernes, 21 de abril de 2017

jueves, 20 de abril de 2017

¿QUE SABEMOS DAS ABELLAS ?


HOXE ESTIVEMOS PENSANDO ENTRE TODOS QUE ERA O QUE XA SABIAMOS DAS ABELLAS E TAMÉN NOS ATREVEMOS A DEBUXAR UNHA ABELLA.
GRAZAS A ALBERTO E A MARIO POR TRAER ABELLAS AO COLE.

 




 


NOVIDADES PARA O VINDEIRO MARTES 25 DE ABRIL

 OLA  FAMILIAS,

ESTÁN SON AS NOVIDADES QUE TEREMOS PARA O VINDEIRO MARTES.

RECORDADE QUE ENVIAMOS UNHA FOLLA A CASA A FINAIS DO 2º TRIMESTRE PARA ELEXIR FONDOS PARA MERCAR.
CUBRÍDEA E ENTREGÁDEA, ASÍ NÓS PODEREMOS MERCAR FONDOS DO VOSO INTERESE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ESPERÁMOSVOS O MARTES, NO QUE HABERÁ....¡¡ SORPRESA!!










VOLUNTARIOS PARA CONTAR CONTOS NA SEMANA DO LIBRO

Abril de 2017
ESTIMADAS FAMILIAS,


PARA  CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO, QUE É O 23 DE ABRIL, PRECISAMOS VOLUNTARIOS PARA CONTAR CONTOS.

ANIMÁDEVOS A PARTIRCIPAR E ANOTÁDEVOS NO DÍA E HORA QUE VOS VAIA MELLOR.( Hai una táboa na cortiza da escola para anotarse )

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


LUNS
24 ABRIL 2017
MARTES
25 ABRIL 2017
MÉRCORES
26 ABRIL 2017
11:15 h.
Nome:

Conto:

Nome:alumn@s
CPI PANXÓN
(Apadriñamento lector)

Conto:1 diferente a cada nen@
Nome:

Conto:
12:15h.
Nome:

Conto:


Nome:

Conto:

Nome:

Conto:

17:40 h

17:50 h

________________
Nome:
Conto:
Nome:
Conto:

miércoles, 19 de abril de 2017

SOPRESA NA CLASE DE 3 ANOS...



A RATIÑA LOLA DEIXOUNOS UNHA SORPRESA NA CLASE.
QUERE QUE INVESTIGUEMOS SOBRE AS ABELLAS NESTE 3º TRIMESTRE E POR ISO PREPAROUNOS ESTE RECANTO TAN BONITO.
¡GRAZAS LOLA POLOS LIBROS, ANTENAS E CDS QUE NOS DEIXACHES!













martes, 18 de abril de 2017

APERTURA BIBLIODUNAS NO 3º TRIMESTRE

OLA FAMILIAS,


ESTE SON OS DIAS QUE ABRIMOS A NOSA BIBLIOTECA POLA TARDE NO  3º TRIMESTRE.


¡NON FALTEDES!


Saúdos da Ratiña Lola

martes, 4 de abril de 2017

lunes, 3 de abril de 2017

UNHA VISITA MOI ESPECIAL



O venres 10 de marzo viñeron á nosa escola científicos do CSIC  para ensinarnos cousas dos Cabaliños de Mar e outros peixes. Disfrutamos moitísimo co conto que nos contou Patricia  e tamén coas imaxes e co vídeo do nacemento de cabaliños de mar que nos trouxo Pepe.
Puidemos ver cabaliños de mar de verdade e telos nas nosas mans...
Moitísimas gracias pola visita. Encantounos e Aprendimos moitísimo!



Cute Turtle