








Aos nen@s de 5 anos explicounolo a profe Raquel e creo que nos tamén entendemos bastante ben, estas son a snosas pequenas obras de arte, que vos adicamos:
Benvidos e benvidas a nosa Escola de Educación Infantil As Dunas, en Panxón no concello Nigrán. ..Pouco a pouco iremos contando moitas das centos de aventuras que aqui vivimos, as cousas que aprendemos, as saídas, as nosas obras de teatro, os nosos soños, paseos por internet. ..todo o que para nós é importante na andaina de medrar. Benvidos e benvidas a nosa escola.eei.dunas.panxon@edu.xunta.es 986380120









PRIMEIRO NOS ESTIVERON FALANDO DO QUE IMOS FACENDO Ó LONGO DO DÍA: ESPERTAR, ASEARSE, ALMORZAR, IR A ESCOLA, COMER, XOGAR, CEAR E IR DURMIR. LOGO DEBUXAMOS UNHA DESTAS SECUENCIAS E COLOCÁMOLA DEBAIXO DO RELOXO QUE LLE CORRESPONDÍA.
NO LABORATORIO DE ARTE, ONDE ESTIVEMOS PINTANDO, VIMOS TRABALLOS FEITOS POR OUTROS NENOS/AS QUE ERAN MOI BONITOS E ORIXINAIS:
DESPOIS FUMOS VER A EXPOSICIÓN: VIMOS UN WONG, VERSIÓNS DE CUADROS FAMOSOS, UN CADRO NO QUE VIAMOS COMO SE IAN PODRECENDO FROITAS EN MENOS DUN MINUTO E UNHA PANTALLA DE FUME NA QUE VÍAMOS REFLEXADAS DIFERENTES FOTOS. A EXPOSICIÓN GUSTOUNOS UN MONTÓN.O SAIR DO MUSEO, PARAMOS A MERENDAR EN SAMIL.
