domingo, 24 de junio de 2007

Finalmente saíu o sol, solete.



















A mañá presentouse chuviosa, e mesmo viñemos a escola con paraguas e chuvasqueiros. Cando xa pensabamos que non iamos ir a praia comenzou a saír timidamente un raio, dous raios, tres raios….de sol, e con eles o noso amigo Rodolfo que nos viu a buscar para baixar a praia de Panxón. Collimos uns caldeiros e en forma de tren fumos cantando cancións ata que chegamos. A praia de Panxón quédanos a uns 5 minutos da escola. Con Rodolfo fixemos moitos xogos divertidos: Buscamos algas verdes, marróns e vermellas, cunchas das que nos contou moitas historias,… Tamén miramos unha gaivota que estaba na area e tiña a punta do peteiro vermello. O final fixemos un boneco na area enorme con pelos de algas, corpo de cunchas de distintos tamaños e cores e pedras e moita ilusión por facer unha creación entre todos e todas. Marchamos para a escola, e alí, na area da praia de Panxón quedaron as nosas pegadas, as nosas novas aprendizajes.

No hay comentarios:

Cute Turtle