

Onte as tartarugas azuis, de cinco anos, fumos de excursión no tren da amistade cos nenos e nenas das escolas de Camos, Chandebrito e Priegue. Collemos o tren en Vigo, a viaxe encantounos porque miramos a paisaxe pola ventana, falamos e xogamos cos nosos amigos e amigas, cantamos cancións...e logo, cando chegamos a Pontevedra, baixamos do tren na estación, e alí dous actores moi simpáticos, Lolo e Peter, contáronnos a historia dunha nena chamada Ana que perdera un loro, e todos/as nós lle axudamos a atopalo. Logo volvemos a coller o tren ata Vigo. Foi un día cheo de emocións que nunca imos esquencer, e que fan da escola un espazo para medrar compartindo experiencias.
4 comentarios:
Hola Tartarugas de Panxón somos os nenos do CEIP As Covas Os PEQUERRECHOS nos soamente temos peixes e plantas, pero o profe di que mañan imos a coller unas ras.
http://raconsdecolors.blogspot.com/
hola nenos e nenas, qué ben o pasades no colexio. Moi ben.
Hola tartarugas:
Os nen@s do CEIP Sestelo-Baión tamén fumos nese tren e rimos con Lolo e Peter. Nós fumos dende Vilagarcía a Santiago, foi moi divertido,lástima que non viaxaramos no mesmo tren.
Bicos
Publicar un comentario