domingo, 24 de junio de 2007

Ata sempre compañeiras.







A mestra Pili, a mestra Uxía, a mestra Sonia e a mestra Belén, para o próximo curso xa non estarán nesta escola. Sabemos que lles da moita pena irse e que lle encantaria seguir. Dín que aprenderon moito con nós, e nós, sen lugar a dúbidas con elas. Esperamos que teñan moita sorte no seu próximo destino e que non se esquenzan de nós, porque as nosas portas, as portas da Escola de Educación Infantil “As Dunas” de Panxón, sempre estarán abertas para elas e para o entusiasmo que desbordan como docentes e coma persoas.


Tamén queremos agradecer toda a súa labor e dedicación durante todos estes anos ós nenos e nenas da parroquia e desexarlle o mellor a mestra Puri da Escola de Chandebrito que tamén cambia de destino, o igual que a mestra Chiti da Escola de Priegue.


Grazas Pili, Grazas Uxía, Grazas Sonia, Grazas Belén. Grazas Puri.Grazas Chiti.

5 comentarios:

mamiago dijo...

Boa sorte, e xa nos leeremos...

Anónimo dijo...

Hoxe terminamos de rematar os traballos da escola e xa non vimos mais porque estamos de exámenes, tamen damolas gracias a estas rapaCiñas novas que con tanto amor e entusiasmo lle puxeron o noso proxecto da escola de Infantil, desexAmoslle moita sorte e aqui sempre terán unhas compañeiras.
bO VERÁN E SORTE NA OPOSICIÓN

José Carlos dijo...

Dende o "cole" Ponte dos Brozos de Arteixo , o mestre e @s nen@s da clase da ra (tres anos) desénxavos unhas felices vacacións e , a si mesmo, @s compañeir@s que cambean de cole que teñan moita sorte e manteñan esa ilusión e ganas de traballar.

mamiago dijo...

tartarugas de Panxón gustaríame leeros este ano tamen, bikos.

Anónimo dijo...

coñecin este blog nunhas xornadas de santiago,gustoume moito ides a seugir este ano con mais cousiñas, ? esperemos que si.

Cute Turtle