martes, 13 de noviembre de 2007

- KALANDRAKA -

O luns 5 de novembro viñeron á escola duas contacontos de KALANDRAKA; Sandra e Iria. Contáronnos 4 contos marabillosos, cada cál mais divertido:

















1. O primeiro conto que nos contaron foi: OH!! , onde non todo é o que parece, os debuxos vanse transformando ó longo do conto. É sorprendente.

2. O segundo conto titulábase O RATO PACO, e contáronnolo en inglés e en galego.





3. O terceiro titulábase QUERES XOGAR CONMIGO? , ía dun ratiño co que ninguen quería xogar, pero como bo conto que é, ten un final feliz.4. O derradeiro, titulábase CROCODRILO, este foi moi divertido, porque primeiro Sandra e Iria nolo contaron e logo o cantamos, nel saían un montón de cores, vermello, morado, verde...

Moitas grazas Sandra e Iria, fixéstenos pasar moi ben, esperamos que volvades pronto

viernes, 2 de noviembre de 2007

O COIDADO DA VOZ

Os nenos/as de 5 anos fixemos un cartel coa profe de AL (Raquel), con consellos para coidar a nosa voz e os nenos/as de 4 anos fomos a lelo e aprender eses consellos:
- Non berrar.
- Non esaxerar ruidos vibratorios.
- Apagar a tv e radio para falar.
- Evitar os ventiladores directos ao corpo.
- Poñer zapatos de goma os días de choiva.
- Evitar bebidas moi frías ou moi quentes.
- Respirar polo nariz, mantendo a boca pechada.
- Os caramelos e chicles de mentan resecan a larinxe.
- Protexer a gorxa do frío.

Seguimos divertíndonos en outubro


















Os nenos/as de 3 anos fomos recoller follas ao parque que está ao lado do colexio.



Este mes de outubro as tartarugas de Panxón fixemos a nosa primeira excursión a biblioteca do concello. Alí Cristina explicounos como funcionaba a biblioteca, leunos 3 contos e por último, cada un de nós leu/ollou o libro que quixo na sala de lectura.































Martín Domínguez (E.I.5anos-Tartarugas verdes), fíxonos un bonito debuxo, para dicirnos como foi para el a excursión a biblioteca.

martes, 9 de octubre de 2007

O MES DE OUTUBRO ESTÁ CHEO DE SORPRESAS

Se o mes de setembro foi divertido o de outubro está sendo moito mellor, levamos só 9 días e mirade cantas cousas xa nos pasaron:
- Fumos recoller follas verdes e amarelas ó parque que está a caron da nosa escola. Recoller, recollimos bastantes follas, pero tamén é verdade que tivemos tempo para pasalo moi,moi ben.






























- A fada FRAMBUESA trouxonos un agasallo par tod@s @s nen@s do cole nunha caixa enorme. Duas das nosas mestras Eva(E.I. 5 anos) e María (teacher) quixeron probar os agasallos, para comprobar se eran resitentes.¡¡ E si que o son!!. MOITAS GRAZAS POLOS AGASALLOS FRAMBUESA!!!!!



























- Os nen@s de 3 anos celebraron o seu primer cumpreaños na escola. FELICIDADES SANTIAGO!!!



















Saudos para a profe Uxía e ó seu novo cole o C.E.I.P. A guiño, espero que o esteades pasando tan ben coma nos.

viernes, 5 de octubre de 2007

Xa estamos noun novo curso




Este curso na escola das tartarugas temos novos nenos-as e novas mestras , ademais de Maricarmen, e Isa temos unha nova mestra en 4 anos que se chama Eva e unha de A.L. Raquel e Maria que a profe de Ingles, de momento todo vai moi ben e xa fixemos fotos do comenzo de curso . Un saúdo.

domingo, 24 de junio de 2007

Ata sempre compañeiras.







A mestra Pili, a mestra Uxía, a mestra Sonia e a mestra Belén, para o próximo curso xa non estarán nesta escola. Sabemos que lles da moita pena irse e que lle encantaria seguir. Dín que aprenderon moito con nós, e nós, sen lugar a dúbidas con elas. Esperamos que teñan moita sorte no seu próximo destino e que non se esquenzan de nós, porque as nosas portas, as portas da Escola de Educación Infantil “As Dunas” de Panxón, sempre estarán abertas para elas e para o entusiasmo que desbordan como docentes e coma persoas.


Tamén queremos agradecer toda a súa labor e dedicación durante todos estes anos ós nenos e nenas da parroquia e desexarlle o mellor a mestra Puri da Escola de Chandebrito que tamén cambia de destino, o igual que a mestra Chiti da Escola de Priegue.


Grazas Pili, Grazas Uxía, Grazas Sonia, Grazas Belén. Grazas Puri.Grazas Chiti.

A gran festa.











Globos, cintas de cores, os nosos murais pendurados, as gradas cheas de familiares cas súas camáras inmortalizando o tempo,…remata un curso da nosa curta pero intensa traxectoria académica. Sabemos que na Educación Infantil están as bases, os pilares da nosa formación, e por iso é de vital importancia. As mestras derónnos un diploma onde se felicita o noso esforzo e implicación este ano. ¿Queredes que vos contemos un segredo?. As mestras tamén estaban moi emocionadas.

Preparativos para a festa de fin de curso.
















Estamos facendo un mural entre todos e todas. Nos estamos debuxando, así é como nos miramos. A profe Carmen, Pili e Uxía deixannos pintar cas cores que queiramos e isto nos encanta, porque misturamos as pinturas, saen formas insospeitadas…O mural é para poñer no pavillón de Panxón onde faremos a festa de fin de curso. O mércores virán uns amigos/as de Kalandraka a contarnos contos e traerán instrumentos para que as historias estean cheas de notas musicais e emocións. Estamos nerviosas/as porque estaremos tódalas unitarias, virán as mamás e os papas, e pallasos/as…vai a ser un día de album.

Finalmente saíu o sol, solete.



















A mañá presentouse chuviosa, e mesmo viñemos a escola con paraguas e chuvasqueiros. Cando xa pensabamos que non iamos ir a praia comenzou a saír timidamente un raio, dous raios, tres raios….de sol, e con eles o noso amigo Rodolfo que nos viu a buscar para baixar a praia de Panxón. Collimos uns caldeiros e en forma de tren fumos cantando cancións ata que chegamos. A praia de Panxón quédanos a uns 5 minutos da escola. Con Rodolfo fixemos moitos xogos divertidos: Buscamos algas verdes, marróns e vermellas, cunchas das que nos contou moitas historias,… Tamén miramos unha gaivota que estaba na area e tiña a punta do peteiro vermello. O final fixemos un boneco na area enorme con pelos de algas, corpo de cunchas de distintos tamaños e cores e pedras e moita ilusión por facer unha creación entre todos e todas. Marchamos para a escola, e alí, na area da praia de Panxón quedaron as nosas pegadas, as nosas novas aprendizajes.

viernes, 15 de junio de 2007

Nace unha nova xornalista de blogs: O primeiro artigo escrito por Carmen.Saída a praia



O dia 19 imos a praia America cos do Proxecto Teixugo que nos van axudar a recoller e a observar cousas do contorno como: algas, cunchas , e todo o relacionado co medio mariño , despois faremos un mural e unha exposición , sacaremos fotos e vo las mostraremos para que coñecades o lindo que é o noso contorno. O dia 21 celebraremos a Festa de Fin de curso xunto coas escolas infantis do Concello de Nigrán, teremos actuacións de pallasos e a entrega dos diplomas e a orla os de 5 anos , xa volo contaremos.

miércoles, 6 de junio de 2007

Tartarugas de Cores.






Como xa vos contamos, nós somos as tartarugas de cores da escola As Dunas de Panxón. Os/as nenos/as de 3 anos son as tartarugas vermellas, os/as de 4 anos son as tartarugas verdes e os/as de 5 anos son as tartarugas azuis. Estivemos xogando ca Señora Tartaruga que é a pequeniña, co Señor Sapoconcho que é a mediana e con Concheira que é a máis grande.

martes, 5 de junio de 2007

Chu, Chu..pasaxeiros e paxaseiras ó tren da amistade...



Onte as tartarugas azuis, de cinco anos, fumos de excursión no tren da amistade cos nenos e nenas das escolas de Camos, Chandebrito e Priegue. Collemos o tren en Vigo, a viaxe encantounos porque miramos a paisaxe pola ventana, falamos e xogamos cos nosos amigos e amigas, cantamos cancións...e logo, cando chegamos a Pontevedra, baixamos do tren na estación, e alí dous actores moi simpáticos, Lolo e Peter, contáronnos a historia dunha nena chamada Ana que perdera un loro, e todos/as nós lle axudamos a atopalo. Logo volvemos a coller o tren ata Vigo. Foi un día cheo de emocións que nunca imos esquencer, e que fan da escola un espazo para medrar compartindo experiencias.

jueves, 17 de mayo de 2007

Benvidos e Benvidas a nosa escola.


Esta é a nosa escola. Chámase Escola de Educación Infantil As Dunas, en Panxón no concello Nigrán, moi preto dun porto pesqueiro e dunha praia moi fermosa do litoral das Rias Baixas, a 14 Km de Vigo.
Somos tres unidades. As tartarugas vermellas son os nenos/as de 3 anos ca mestra Pili, as tartarugas verdes son os nenos/as de 4 anos ca mestra Uxía, e as tartarugas azuis son os nenos/as de 5 anos da mestra Mª Carmen, que tamén é a directora. A mestra de inglés é Belén e a de A.L chámase Sonia. En total somos 43 nenos e nenas. Na escola temos un xardín con columpios, e un aereiro. Tamén temos un patio cuberto onde facemos psicomotricidades, contamos contos, bailamos, xogamos.....Pouco a pouco iremos contando moitas os centos de aventuras que aqui vivimos, as cousas que aprendemos, as saídas, as nosas obras de teatro, os nosos soños, paseos por
internet. ..todo o que para nós é importante na andaina de medrar. Benvidos e benvidas a nosa escola.
Cute Turtle